Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Inauguración da Bibliopiscina nas piscinas descubertas da Granxa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2015 12:16

A Biblioteca Pública Municipal de Verín puxo o mércores en marcha, por sétimo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa.

Á inauguración acudiron o Tenente de Alcalde, Diego Lourenzo e a concelleira de de Cultura, Emilia Somoza. Ambos agradecéronlle a súa labor os vinte e dous mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o verán fan posible que a bibiopiscina salga adiante.

A Bibliopiscina, está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, ten como obxectivo ampliar os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual das instalacións. Tamén se inclúe a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do horario escolar. Este servizo, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.

Pincha no enlace o facebook do Concello de Verín para ver as fotografías do evento


 
?>