Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O Concello de Verín pon en marcha o seu servizo da BiblioRúa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2015 17:55

Os días 3, 11 e 23 de xullo e 4, 11 e 24 (agosto), coincidindo cos días de feira, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volverá saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as  e sobre todo explicar o funcionamento da como do público en xeral.

Durante as mañás desas catro xornadas, de 11:30 a 13:00 horas, voluntarios/as e persoal desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.

Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.


 
?>