Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Ludoteca de Verín presenta o Xogo de San Fermín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xullo 2015 11:23

O martes 7 de xullo, o servizo da ludoteca de Verán – Campamento Urbano do Concello de Verín organiza, con motivo da festividade en honra a San Fermín, unha xornada de xogos para o máis dun centenar de nenos/as integrantes deste servizo de conciliación e coeducación.

Durante o Xogo de San Fermín os/as monitores/as do servizo non só lles explicarán aos/ás menores a historia desta festa senón que programarán unha representación teatral que amosará o tradicional “chupinazo”. Para a actividade, os nenos/as deberán ir vestidos de branco e cunha pañoleta vermella. Nesta xornada terá lugar a realización de sete probas lúdico-educativas relacionadas con San Fermín e un “encerro” cun toro que será o que se escape dos/as menores e non o reves.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e os13 anos. Entre as actividades hay obradoiros educacativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, piraguismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías ou cine infantil serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as.

Ademáis, durante os meses de xullo e agosto programaranse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como o reciclaxe, ambiente, deporte, alimentación, saúde ou persoas maiores; celebrarase a actividade “Ponlle as pilas ao teu Bocata”, “Día de Galicia”, vistita ao Parque de Bombeiros e as instalacións da Policia Local, obradoiros coa Cruz Vermella, educamóbil e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

 
?>