Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
EUROCIDADE CHAVES-VERÍN FINALISTA COMO MELLOR PROXECTO EUROPEO NOS PREMIOS REGIOSTARS 2015 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xullo 2015 15:29

O proxecto de cooperación transfronteriza entre Chaves e Verín é un dos 5 finalistas confirmados aos premios Regio Stars 2015 na categoría CityStars, unha iniciativa organizada pola Comisión Europea desde o 2008 que distingue os proxectos mais innovadoras e inspiradores de Europa financiados polos fondos da política de cohesión da UE.

Na avaliación da candidatura da “Eurocidade Chaves-Verín”, proxecto cofinanciado polo POCTEP 2007/2013 en preto de 1,4 millóns de euros, o xurado subliñou o impacto positivo da colaboración entre as dúas localidades, tanto a nivel institucional, como económico, social, cultural e ambiental. Ademais, dos logros acadados no desenvolvemento de estructuras de cooperación e desenvolvemento conxunto nas áreas de mocidade, eventos culturais, comercio, deporte, lecer, turismo e emprendedorísmo.

 A Eurocidade, que compite con outras cinco iniciativas finalistas de Suecia, Francia, España e unha cooperación entre cidades fronterizas de Suecia e Noruega foi seleccionado por un xurado independente, presidido polo deputado do Parlamento Europeo Lambert van Nistelrooij, xunto con dezasete finalistas mais entre as 143 candidaturas presentadas, sobre a base de catro criterios fundamentais: innovación, impacto, sostenibilidad e colaboración.

 Ademais da categoría CityStar (transformación de cidades para desafíos futuros), o RegioStars 2015, cuxos finalistas desta edición representan as rexións e cidades de 15 Estados Membros, contemplan as áreas de “Crecemento Intelixente” (promoción do potencial de crecemento das pequenas e medias empresas para unha economía dixital), “Crecemento Sustentable” (mobilización de investimentos en eficiencia enerxética para o beneficio de cidadáns e sociedade) e “Crecemento Inclusivo” (integración social para persoas en risco de exclusión).

 O catro vencedores dos premios serán coñecidos durante os Open Days 2015, a Semana Europea das Rexións e Cidades que, este ano, sucederá entre 12 e 15 de Outubro, en Bruxelas. Posteriormente, serán destacados pola Comisión Europea como exemplos de boas prácticas nas políticas públicas de desenvolvemento rexional.


 
?>