Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A asemblea da AECT Chaves-Verín renova os sus órganos de goberno PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xullo 2015 13:08

A sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT (Av. De Portugal s/n, Feces de abaixo) acolleu, o pasado 14 de xullo, una asemblea xeral extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

1. Lectura e ratificación da acta da sesión anterior

2. Nomeamento dos novos delegados da AECT polo Concello de Verín e ratificación do mandato de todos os membros da asemblea.

3. Toma de posesión del novo Director da AECT

4. Estado de situación da AECT

5. Outros asuntos

Como esta estipulado nos estatutos, a presidencia e a dirección corresponde, cada dous anos, a cada un dos alcaldes de Chaves e Verín. Neste caso, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, toma o relevo da dirección do anterior executivo ata o final do presente mandato en decembro do 2015. O alcalde de Chaves, pola súa banda, seguirá presidindo a asemblea.

 

En canto ao nomeamento de novos delegados, os elixidos pola parte deVerín son, Diego Lourenzo Moura (tenente de alcalde do Concello de Verín), Purificación Caldelas (concelleira de turismo), e Jose Luis Martín (concelleiro de Servizos Sociais). Pola parte de Chaves, os tres delegados do goberno son, o vicepresidente, Carlos Penas e os vereadores Paulo Alves e Joao Neves. Para máis información sobre as súas concellarías propias acceder á web do concello de Chaves ( http://www.chaves.pt/Default.aspx?ID=56).


Pola súa banda, a secretaría técnica seguirá baixo a xestión de Pablo Rivera.


Entre os asuntos abordados na asemblea tivo especial relevancia o actual Estado de situación dos proxectos poctep que se encontra en execución polos concellos de Verín e Chaves ( ecovía do Támega, plan director de turismo, rutas transfronteirizas, creación do parque biosaudable de Tamaguelos, postos de avistamento de aves e interpretación da natureza, guías turísticas e mapas do territorio, posicionamento web, plataforma de comercialización do destino, entre outros.)

Tamén se abordaron as candidaturas que a AECT presentará aos novos programas comunitarios para o desenvolvemento de investimentos os próximos sete anos.


Por ultimo, analizáronse os impactos que obtén a institución transfronteiriza coa súa recente nominación ao mellor proxecto europeo ( Rexio Star 2015, cuxo vencedor se saberá o día 13 outubro en Bruxelas). Ademais, incidiuse na visibilidade que a Euriciudade Chaves Verín terá no próximo smart cities world forum do próximo mes de novembro en Barcelona.

 

A teor dos estatutos, a próxima asemblea, xa ordinaria, será en outubro.

 
?>