Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Diego Lourenzo participou, xunto co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, na Xornada Informativa "Axudas e Servizos para as Pemes Galegas" impartida en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Outubro 2015 12:59

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, participou onte, na Casa da Cultura, xunto co  Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha xornada de networking con empresarios de Verín co obxectivo de avaliar iniciativas conxuntas para continuar a potenciar a competitividade empresarial no municipio ourensán.

Na súa intervención, Lourenzo recordou os asistentes que no Concello de Verín as pemes xogan un papel fundamental na creación de emprego, de tecido produtivo e de riqueza. O tenente alcalde fixo especial fincapé en que e fundamental “simplificar o exceso de burocracia e estruturas administrativas e suplir a carencia de fondos a través da IGAPE e o resto de organismos competentes.

No eido da simplificación administrativa, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria recordou o importante impulso que supuxo a Lei do Emprendemento e da Competitividade, na que se suprimiron con carácter xeral as licenzas municipais de obra e actividade substituíndoas por unha comunicación previa. Do mesmo xeito, resaltou a creación das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que asumen a responsabilidade do contido destas comunicacións fronte á administración pública.

 Francisco Conde trasladoulle así mesmo aos participantes as oportunidades que ofrecen os mercados exteriores ás pemes, lembrando que a Xunta destinará ao desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 50 millóns de euros nos dous próximos anos.

 
?>