Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Continúa o ciclo de conferencias “O outro camiño de Santiago” organizado pola Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Xuño 2017 11:22

O 8 e o 9 de xuño, o salón de actos da Casa da Cultura acolle as dúas últimas conferencias do ciclo temático “O outro camiño de Santiago”, organizado pola Biblioteca Municipal de Verín: “Templarios e o Santo Graal”, impartida polo catedrático José Luis Curral Lafuente (8 de xullo) e “O outro Camiño de Santiago”, de Toti Martínez de Lezea (9 de xuño).

08/06/17 "Templarios e o Santo Graal", conferencia de D. José Luis Corral Lafuente, 08/06/17, ás 20:00h. no salón de actos da Biblioteca.

Nado en Zaragoza, Corral Lafuente é Profesor de Historia Medieval na Universidade de Zaragoza e acreditado como catedrático dende o ano 2009, é un dos máis significativos medievalistas en toda Europa, exercendo ademais de coma profesor, coma escritor, colaborador regular en prensa e en programas de radio e televisión, asesor histórico en guións cinematográficos, (o máis significativo foi: “1492: La conquista del paraíso”, de Ridley Scott).

Ten máis de vinte novelas, de carácter histórico, e outras tantas Obras historiográficas, moitas con referencias ao Camiño de Santiago do que se sinte un namorado.

A súa conferencia estará centrada na figura dos "Templarios e o Santo Grial".

 

  • 09/06/17 "O outro Camiño de Santiago", conferencia de Toti Martínez de Lezea, acompañada polo trobador e luthier Emilio Arias, ás 20:00 h. no salón de actos da Biblioteca.

Toti Martínez de Lezea é actualmente unhas das escritoras vascas con máis presenza a nivel nacional e internacional, con máis de vinte novelas, a maioría delas de carácter histórico, con máis de cincuenta obras de carácter infantil, tamén é unha experta no Camiño de Santiago, sobre todo no seu paso por Euskadi e Navarra. Ela mesma defínese coma unha namorada desta ruta ancestral e da cantidade de cultura que deixou en cada paso.

"El jardín de la oca", editado por Maeva, foi a súa obra máis representativa do Camiño de Santiago, e ven representar o cruce de distintos credos na ruta Xacobea.

+ INFO.: http://martinezdelezea.com/

O luthier/trobador Emilio Arias, nado en Astorga, León, e moi vencellado a nosa cultura, defínese coma un músico que bebe das fontes tradicionais, que comezou a tocar a zanfona, o rabel e a gaita leonesa, recopilando e interpretando romances tradicionais e medievais, cantados ao son do instrumento coma os antigos xograres e trobadores. Máis tarde fíxose luthier e os seus instrumentos son expostos en multitude de exposicións.

+ INFO.: https://www.youtube.com/channel/UCVaANViIl4uU__SJtJfA8MQ *

Toti Martínez de Lezea e Emio Arias, están incluídos xuntos no mesmo apartado, dado que presentan a conferencia "O outro Camiño de Santiago", onde Toti M. de Lezea vai contando curiosidades do Camiño, dende os seus orixes máis pagáns ata o día hoxe, resaltando todo tipo de curiosidades. Desta maneira, Emilio Arias acompaña a Toti M. de Lezea, poñéndolle a música que se tocaba no Camiño de Santiago do século XII, con toda sorte de instrumentos, zamfona, rabel, etc...

* Pódese ver un vídeo no canal de Youtube de Emilio Arias interpretando xunto a Toti M. de Lezea o Romance de Don Gaiferos, do século XIII, (recuperado e publicado por vez primeira na obra ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía.

 
?>