Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
TROFEO DE CHAVE RICARDO SOTO - Festa dos Maios 2018 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Abril 2018 08:21

Co obxectivo de promover a recuperación dos xogos populares entre a veciñanza da comarca de Verín e de fomentar a participación en actividades lúdicas nas que se integren persoas de distintas idades e procedencias, o Concello de Verín organiza o Trofeo de Chave Ricardo Soto - Festa dos Maios 2018, que se rexerá polas seguintes

bases:


.- Poderán participar neste Trofeo todas as persoas que sexan quen de superar a distancia de competición, con independencia da súa idade, sexo ou procedencia. Para demostrar que non teñen problemas coa distancia de competición, comprobarase nas tiradas de quecemento se son quen de superar, como mínimo no 50 % dos tiros, a distancia á chave sen ningún golpe previo no chan.

.- A inscrición realizarase no Parque da Alameda, na zona acoutada para as tiradas previas á competición, entre ás 11 e as 11:30 h do día 1 de maio.

.- As tiradas da competición serán na mañá do día 1 de maio, no Parque da Alameda, a partir das 11:30 h. Antes de comezar as tiradas de competición, as persoas inscritas realizarán, cando menos, tres tirada completas de quecemento.

.- A distancia da tirada de competición será de 10,5 metros.

.- Ás persoas clasificadas en 1º e 2º lugar entregaránselle trofeos conmemorativos.

A interpretación destas Bases e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado que poida afectar ao desenvolvemento deste Trofeo,

son un dereito exclusivo do Concello de Verín.

 
?>