Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O IES Castro Baronceli entrega os diplomas do programa TEI aos seus alumnos e alumnas de 3º da ESO PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Xuño 2018 13:10

Hoxe tivo lugar no IES Castro de  Baronceli de Verín a entrega dos diplomas acreditativos aos 31 alumnos de 3º da ESO que participaron como titores no programa TEI (Titotía Entre Iguais). Á cita acudiu o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, que xunto co director do centro, José Luis Salgado Fariñas, otorgou os diplomas xunto cunha insignia do Concello.

O director do centro quixo agradecer aos alumnos de terceiro a súa labor e felicitalos polos resultados obtidos. Pola súa parte Gerardo Seoane, expresou o seu apoio á iniciativa e a satisfacción que conleva, tanto para o Concello como para el mesmo, que se leven a cabo este tipo de actividades.

O programa TEI é un proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado  e,  principalmente, para evitar a violencia e o acoso escolar. Estase a impartir en varios centros educativos pertencentes a diferentes comunidades autónomas e actualmente está presente no IES Castro Baronceli e noutros centros da comarca.

Este programa baséase no acompañamento dos alumnos de 3º de ESO aos alumnos de 1º de ESO (novos no centro): cada alumno e alumna de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira (titor) de 3º de ESO –algo así coma un “irmán/a maior” - que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos entre iguais, actuar como referente para a mellora da autoestima e previr as situación que posibilitan o acoso escolar.

 
?>