Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O Museo Claustro Mercedario abre o prazo de matrícula para un novo curso de cata da UNED PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Outubro 2018 10:47

Os próximos 16 e 17 de novembro, o Museo Claustro Mercedario de Verín acollerá un novo curso de cata da UNED, neste caso sobre os viños brancos de Europa,. Esta acción formativa forma parte das actividades organizadas polo Concello de Verín, en colaboración coa D.O Monterrei, para a divulgación vinícola como un sinal de identidade da comarca.

O curso estará impartido polo centro da UNED Ourense e será os días 16 e 17 en Verín, baixo o título "Viaxe polas rexións vitivinícolas dos grandes brancos de Europa", e será impartido por Luís e Alejandro Paadín, director da Guía de Viños de Galicia e sumiller internacional respectivamente.

As prazas están limitadas a 30 persoas, o lugar de celebración e o Museo Claustro Mercedario de Verín e o prezo de matrícula serán 10 euros.

Información e matricula:

http://extension.uned.es/actividad/18215&codigo=VPLRV







 
?>