Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Trece establecementos hostaleiros participan na primeira edición do Concurso Gastronómico “Pincha no Lázaro” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Marzo 2024 14:36

A área de Feiras do Concello de Verín vén de anunciar a primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100 para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.


Como funciona?

Poderás recoller a túa papeleta numerada nos restaurantes e bares participantes. As memas entregaranse con cada consumición. O xurado será popular, indicando cada persoa a súa valoración (1 a 5 puntos) do pincho e entregándoa nun buzón que terán á súa disposición todos os locais adheridos ao concurso. O valor do pincho serán 2,50 euros.

Entre todas as papeletas depositadas sortearanse unha cesta de produtos da comarca e un bono de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos da hostalería que participaron no primeiro concurso "Pincha no Lázaro" de Verín. O establecemento hostaleiro gañador recibirá un diploma acreditativo de ser campións do primeiro concurso gastronómico do Lázaro. O sorteo terá lugar o domingo 17 de marzo na Feira do Lázaro

1. Alborada - Croquetas Sabores

2. Aturuxo – Fabas con gambas e ameixas

3. Bar Encontro - Mini hamburguesa Monterrei

4. Tapería Gandainas – Cocochas de pescada con ameixas e pataca de Fumaces

5. Laluma – Mini burguer de tenreira, chedar, rúcula, tomate, salsa burguer e patacas

6. Oasis – Tosta galega (pan do país, lacón, Arzúa e Padrón)

7. Regueiro da Cova – Brioche, carrillera eco pemento de Oimbra e salsa de castañas

8. Restaurante a Fonte – Macerado de rabo de touro sobre puré de patacas

 9 – Restaurante Brasil – A pera que non é pera

10. Restaurante Casa Nela – Albóndegas caseiras

11. Ruta 66 – Coxinha Brasileira rechea de polo

12. Tapería Támega – Carrillera en salsa de Mencía, base de patacas e cogumelo

       13. Tapería Rúa Maior – Solombo Rúa Maior


Fotos dos pinchos

Mapa dos participantes

 
?>