Corenta e un equipos participan no XII edición do Torneo Internacional de Fútbol 8 “Vila de Verín” |
Venres, 14 Xuño 2024 12:43 |
Os días 15 e 16 de xuño terá lugar, no complexo deportivo de A Granxa e no Estadio José Arjiz, a realización do Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín', no que participarán corenta e un equipos procedentes de Galicia e o norte de Portugal. Este torneo está dividido en tres categorías: prebenxamín, benxamín (15 de xuño) e alevín (16 de xuño). Na categoría prebenxamín competirán dez equipos: EDC VerÍn A, Ourense C.F EDC Xinzo, EDC Barbadas EDC Celanova, GD Boticas, EDC Maceda EF Benfica, S Teresita e C.F. Sanabria. En canto a categoría benxamín serán quince as formacións que participen: EDC Verin, Ud Ourense C.F Sanabria EDC Xinzo, Ourense C.F C.D Velle, C.P Calasancio, EDC Celanova A, Celanova B, GD Boticas, EDC VerÍn B E G.D Chaves, EDC Maceda Diogo Cao, C.D Velle B. Por último, na categoría alevín serán dezaseis os equipos que formen parte desta competición: EDC Verín B, EDC Xinzo, UD Ourense, CD Purisima, EDC Barabdas A, EDC Celanova, Ourense C.F, EDC Verín A, CF Sanabria, Diogo Cao, EF Benfica, Cented, GD Boticas, EDC Maceda, EDC Verín C e C.P Calasancio. Devandito torneo, que se disputarán de 9:45 a 21:00 horas -as dúas xornadas-, está organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín. O Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín' súmase ao ciclo de actividades deportivas realizadas polo Concello de Verín ao longo do ano, destinadas a asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.
SISTEMA DE COMPETICIÓN A fase de clasificación en ambas categorías realizarase do seguinte xeito:
PREBENXAMÍN: 2 grupos de tres e 1 de catro. Clasifícanse para cuartos os dous primeiros de cada grupo. Os catro restantes xogarán unha fase previa onde os gañadores pasarán a cuartos. BENXAMÍN: Tres grupos de catro e un de tres. Clasifícanse para cuartos de final os dous primeiros de cada grupo. ALEVÍN: 4 grupos de catro. Clasifícanse para cuartos de final os dous primeiros de cada grupo e para a fase de consolación os 3º e 4º de cada grupo.
PUNTUACIÓN, CLASIFICACIÓN E DURACIÓN DOS PARTIDOS
1. PUNTUACIÓN
2. CLASIFICACIÓN EN CASO DE EMPATE ENTRE DOUS EQUIPOS
3. CLASIFICACIÓN EN CASO DE EMPATE ENTRE MÁIS DE DOUS EQUIPOS
DURACIÓN DOS PARTIDOS: - Prebenxamín: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido. - Benxamín: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido. - Alevíns: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido.
As semifinais e finais serán 2 tempos de 15 minutos con descanso de 3 minutos. En caso de empate ao finalizar o partido, lanzaranse tres penaltis para determinar o vencedor do encontro nos partidos de fase final.
DISCIPLINA E PUNTUALIDADE Todos os equipos deberán entregar a relación de xogadores da Federación Galega de Fútbol de Intranet ou DNI e a relación de todos os seus xogadores perfectamente identificados (nome, apelidos, DNI, dorsal...), 10 minutos antes de cada partido. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 16 xogadores. COMIDA O día do torneo está contratado un menú para todos os xogadores e monitores que o desexen. A comida realizarase no comedor do Colexio Princesa de España, ao lado do campo de fútbol. O prezo é de 10€ por deportista/monitor e constará de: espaguetes, xamón asado con patacas, froita e auga. Os equipos que queiran comer no catering teñen que comunicarnos o equipo, a categoría e as persoas que comen. O pago realizarase o mesmo día do torneo. El torneo se celebrara en dos dias que se repartira en las siguientes categorias Sabado 15/06/2024
- Descargue aqui: "NORMAS TORNEO VILA DE VERIN 2024" - Descargue aqui: "HORARIOS ALEVIN 24" - Descargue aqui: "HORARIOS PREBENXAMIN E BENXAMIN 24" |