Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín celebra o Samaín 2024 con obradoiros temáticos e un espectáculo familiar interactivo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Outubro 2024 12:46

A área de Cultura do Concello de Verín vén de presentar o seu programa de actividades para celebrar o Samaín 2024, que inclue  talleres temáticos e un espectáculo interactivo para toda a familia. Esta proposta, que mestura cultura e creatividade, promete envolver a todos os asistentes na maxia e o misterio desta noite emblemática, combinando tradición e entretemento nunha celebración especialmente dirixida aos máis pequenos.

Ler máis...
 
"Maiores pola Igualdade" no Centro de Día Solleira PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Outubro 2024 15:23

No marco do programa “Cara a conquista do Benestar” do Voluntariado Sénior de Benestar Social, tivo lugar hoxe unha nova actividade que puxo o foco na igualdade de xénero, baixo o nome de “Maiores pola Igualdade”. O evento, dirixido aos usuarios do Centro de Día Solleira, contou coa participación de oito voluntarios que dinamizaron unha xornada chea de aprendizaxe e reflexión.

Ler máis...
 
Inauguración das novas Urxencias do Hospital de Verín: Un paso fundamental para a mellora sanitaria da comarca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Outubro 2024 00:00

O Concello de Verín celebra a inauguración oficial das novas instalacións de Urxencias do Hospital de Verín, que terá lugar este xoves. Este proxecto supón un avance significativo para a sanidade pública da comarca, mellorando non só a atención aos pacientes, senón tamén as condicións laborais dos profesionais que traballan no hospital.

Ler máis...
 
Expertos galegos e internacionais analizan a tese pioneira de Eloy Luis André sobre a melodía da fala PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Outubro 2024 15:48

Esta mañá tivo lugar en Verín a presentación oficial do estudo e libro "As curvas melódicas da fala en diferentes linguas vivas", obra asinada por Aurora Prieto, Patrick Feaster, Xosé Ramón García Soto, Miguel Losada e Vicente R. Justo, un equipo internacional multidisciplinar de expertos. O traballo está baseado na análise e estudo da tese de doutoramento de D. Eloy Luis André (1876-1935), pioneiro da investigación lingüística galega e natural de Mourazos, Verín.

Ler máis...
 
Fascismo baixo os focos en Verín: Leo Bassi chega co seu espectáculo, "Yo Mussollini" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Outubro 2024 10:49

Leo Bassi, o sumo pontífice dos comediantes, chega ao Auditorio de Verín o próximo 14 de decembro ás 20:00h co seu espectáculo "Yo, Mussolini". Esta obra promete regalarnos unha noite de reflexión e "risistencia" fronte ás intolerancias.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>