Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Estamos no verán, un soño musical para a infancia, nas Piscinas Municipais de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Agosto 2015 00:00

O vindeiro sábado 15, ás 18:00 horas, celebrarase nas piscinas Municipais da Granxa de Verín o espectáculo Estamos no Verán. Nesta actuación, enfocada principalmente a nenos/as de 6 a 12 anos, os/as rapaces están convidados a cantar e bailar mentres gozan do espectáculo. O acto enmárcase na programación verinense de Camiños da Cultura 2015, que organizan e patrocinan o Concello de Verín e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Ler máis...
 
Éxito rotundo da X Feira do Viño da D.O. Monterrei, que incrementa nun 41% a cantidade de degustacións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Agosto 2015 20:49

A X edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei superou un ano máis todas as previsións cun incremento dun 41% no número de degustacións servidas.

Esta edición xa era especial polo gran número de adegas participantes xa que 16 adegas das 24 que conforman a D.O. Monterrei, seis máis das que tomaron parte en 2014, contaron cun posto dende o que promoveron os seus viños. Un éxito de adhesión sen precedentes na historia deste foro vinícola organizado conxuntamente polo Concello de Verín e o Conselo Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Ler máis...
 
Verín acolle a inauguración da X edición da Feira do Viño da D.O Monterrei, que bate récords de bodegas participantes PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 08 Agosto 2015 15:16

A X edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei arrincou esta tarde cun acto de inauguración presidido polo xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo e no que participaron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a presidenta da D.O Monterrei, Asunción Rodríguez, entre outras autoridades. No decurso da inauguración, a presidenta da Denominación de Orixe agradeceu a todos os bodegueiros participantes o feito de ter sido quen de “eliminar diferenzas e sumar esforzos para facer deste foro unha verdadeira mostra representativa do sector do viño na comarca”.

Ler máis...
 
AVISO: a actuación de hoxe nas piscinas municipais, Xan Perrillan e a maleta máxica, cancélase por motivos de causa maior. Sentimos as molestias PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 08 Agosto 2015 15:03


 
Verín e Chaves capitalizan a innovación en turismo da raia luso española PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Agosto 2015 10:24

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo e o rexedor da Cámara Municipal de Chaves, Antonio Cándido Monteiro Cabeleira, presentaron onte na sé da AECT, acompañados do secretario técnico da Eurocidade, Pablo Rivera Búa, e a concelleira de Turismo Purificación Caldelas, o programa Hospitality Chaves Verín co obxectivo de poñer a disposición do visitante unha ferramenta eficaz que permita adquirir servizos turísticos en ambas municipios.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 481 482 483 484 485 486 487 488 489 490 Seguinte > Final >>

Páxina 484 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>