Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'Na flor da pel'. Exposición sobre os pergameos na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Marzo 2014 14:12

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle do 10 ao 21 de marzo 'Na flor da pel', unha exposición sobre pergameos, na que colabora o Museo do Pobo Galego.

Ler máis...
 
A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reúnese en seis concellos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Marzo 2014 12:29

Os concellos de Santiago de Compostela, Oleiros, Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra acollerán entre o 4 e o 12 de marzo as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convocou para este semestre. Os encontros reúnen ao persoal técnico das administracións asociadas para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poderán implementar ao longo de 2014.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín pon en marcha un proxecto para definir un convenio de cooperación sanitaria transfronteiriza PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Febreiro 2014 11:44

Co obxectivo último de proporcionar unha maior calidade de vida á poboación de Chaves e Verín, a Eurocidade Chaves-Verín pon en funcionamento un proxecto que defina un convenio de cooperación sanitaria transfronteiriza. Este proxecto desenvólvese ao abeiro do acordo marco entre o Reino de España e a República Portuguesa sobre cooperación sanitaria transfronteiriza, asinado en Zamora o 22 de xaneiro de 2009 e no marco establecido pola Directiva 2011/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 9 de marzo de 2011 relativa á aplicación dos dereitos dos pacientes na asistencia sanitaria transfronteiriza.

Ler máis...
 
Venres de Compadreo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Febreiro 2014 13:43

Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán mañá, 28 de febreiro, os/as asistentes á festa do Venres de Compadreo.

Ler máis...
 
Últimas prazas da formación gratuíta para a obtención da TPC na Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Febreiro 2014 13:41

Na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) terá lugar, do 10 ao 27 de marzo, a realización dunha actividade formativa gratuíta para a obtención da TPC (tarxeta profesional da construción), necesaria para traballar no sector da construción en España.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 621 622 623 624 625 626 627 628 629 630 Seguinte > Final >>

Páxina 624 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>