Verín acolle o festival de monicreques “FestiVerín” os días 16 e 17 de xullo |
|
|
|
Venres, 08 Xullo 2022 10:54 |
Os próximos 16 e 17 de xullo, Verín acollerá no parque da Alameda o que será o seu primeiro gran festival de Monicreques: “Festiverín”. Un evento cultural destinado ao público infantil e familiar que inclúe unha oferta de espectáculos de primeiro nivel que, sen dúbida, farán as delicias de todos os asistentes |
Ler máis...
|
O Festival de Curtas de Verín volve programar actividades para os cativos e cativas tras dous anos de parón por mor da pandemia |
|
|
|
Xoves, 07 Xullo 2022 12:09 |
Logo de dous anos de interrupción por mor da pandemia, a cativada volverá ser protagonista no FIC Vía XIV de Verín ao programar o certame unha actividade específica para eles que se desenvolverá, por bloques de idade e baixo a batuta da narradora oral Raquel Queizás, nas xornadas dos días 1 e 2 de setembro no Auditorio. Baixo o título de Sopa Cómica, a organización do certame deseñou unha actividade para que os rapaces e rapazas de Verín e comarca se acheguen ao cinema e desfruten coa súa maxia e poder evocador. |
Ler máis...
|
A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia |
|
|
|
Martes, 05 Xullo 2022 11:56 |
O xoves día 7 de xullo máis de 170 menores integrantes destes servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participarán nunha divertida xornada de xogos que terá como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma terá lugar no CEIP Princesa de España. |
Ler máis...
|
Verín acolle a retransmisión en directo da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi |
|
|
|
Luns, 04 Xullo 2022 12:07 |
O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real. |
Ler máis...
|
XVIII foro da Igualdade “Rompendo o teito de cristal” |
|
|
|
Venres, 01 Xullo 2022 11:31 |
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), vai levar a cabo esta primeira fin de semana do mes de xullo a XVIII Edición do FORO DA IGUALDADE que este ano leva por título “ROMPENDO O TEITO DE CRISTAL”. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>
|
Páxina 79 de 987 |