Verín, Clave na Cooperación Galicia-Portugal coa Nova Base Aérea Transfronteiriza contra incendios |
|
|
|
Martes, 13 Agosto 2024 15:26 |
O Concello de Verín, en colaboración coas diferentes autoridades galegas e portuguesas, acolleu hoxe a inauguración da nova base aérea de Verín-Oímbra, a primeira instalación transfronteiriza deste tipo entre España e Portugal, que xa está plenamente operativa. Esta infraestrutura, enmarcada no Proxecto europeo Interlumes, ten como obxectivo mellorar e intensificar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. |
Ler máis...
|
Ábrese o Período de Cobranza Voluntaria das taxas dos servizos Auga, rede de sumidoiros e Saneamento en Verín |
|
|
|
Xoves, 08 Agosto 2024 11:50 |
O Concello de Verín comunica aos contribuíntes e suxeitos pasivos afectados polos conceptos de Auga, Rede de Sumidoiros e Canon de Saneamento que se abre o período voluntario de cobranza correspondente ó 2º Trimestre de 2024. Este período estará en vigor desde o 12 de agosto de 2024 ata o 15 de outubro de 2024, ambos incluídos. |
Ler máis...
|
Pleno extraordinario – 7 de agosto |
|
|
|
Mércores, 07 Agosto 2024 19:58 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos: |
Ler máis...
|
Verín acolle o 14 de agosto unha nova edición das Xornadas de Folclore |
|
|
|
Martes, 06 Agosto 2024 10:51 |
A nosa vila será, un ano máis, un dos escenarios da XXXIX edición das Xornadas de Folclore. Esta cita, que terá lugar o próximo 14 de agosto na Zona Verde de A Preguiza a partir das 22:30 horas, promete converter a provincia no epicentro da música e dos bailes tradicionais de todo o mundo. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV trae unha experiencia gourmet e multisensorial da man de Begoña Vázquez e a Denominación de Orixe Monterrei |
|
|
|
Venres, 02 Agosto 2024 10:44 |
O Auditorio Municipal de Verín acolle o sábado 31 de agosto unha experiencia gastronómica gourmet da man de Begoña Vázquez, que ven de recibir o premio á Mellor Cociñeira Galega do Ano, así como da Denominación de Orixe Monterrei. O FIC Vía XIV aposta nesta edición por ir máis alá da pantalla. Na súa liña de fomentar o turismo sostible na vila, promove esta actividade na que un número reducido de persoas poderán gozar dunha experiencia multisensorial na que viño, música e produtos locais escollidos con moito mimo se mesturan nunha combinación única. As entradas están dispoñibles en Ataquilla. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 987 |