O Concello de Verín aposta pola enerxía solar en oito dos seus edificios municipais |
|
|
|
Mércores, 24 Xullo 2024 09:31 |
Oito dos principais edificios municipais do Concello de Verín contarán con paneis fotovoltaicos. Esta medida busca reducir de maneira notable o consumo eléctrico e as emisións de CO2. A instalación destes paneis supón un investimento total de 118.787,29 euros por parte do ente municipales, estando esperando financiado por fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros). |
Ler máis...
|
Música, baile e diversión para todas as idades na festa da Batucada de Verín |
|
|
|
Martes, 23 Xullo 2024 12:35 |
Os días 26 e 27 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, como desfiles infantís, a festa da espuma e da auga e máis de dez horas de animación musical variada . Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival |
|
|
|
Venres, 19 Xullo 2024 14:47 |
O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV trae un ano máis unha chea de concertos de estilos variados a Verín, seguindo a filosofía de mesturar o cinema con outras disciplinas artísticas, así como tamén sacar o FIC á rúa. Este ano, pasaran pola vila a londinense afincada en Coruña, Sophie Simonds, a banda de folk emerxente Kedirán, e Mr. Cool, unha cara xa coñecida no festival e que poñerá o broche final. Todos os concertos serán no exterior do auditorio, agás adversidades meteorolóxicas, que se trasladará para o hall do mesmo. |
Ler máis...
|
Ábrese a convocatoria para participar como Cigarrón no desfile anual en Santiago de Compostela |
|
|
|
Xoves, 18 Xullo 2024 14:22 |
Aberto o período de inscrición para todos aqueles veciños maiores de idade que desexen participar no emblemático Desfile de Entroidos tradicionais de Galicia, que se realizará o próximo sábado 7 de setembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 31 de xullo. |
Ler máis...
|
Cinema e Memoria: O discurso de Humberto Delgado en Foco no FIC VIA XIV |
|
|
|
Mércores, 17 Xullo 2024 11:01 |
Con motivo do 50 aniversario da Revolución dos Cravos (25 de abril), o FIC VIA XIV pon o foco este ano nun dos fitos que contribuíron ao cambio de pensamento da sociedade portuguesa. Foi o célebre discurso de Humberto Delgado proferido no Cine-Teatro de Chaves, no que o denominado "Xeneral sen Medo" pronunciaría as palabras «Estou pronto para morrer pola liberdade» que se converterían en profecía pouco tempo despois, precisamente, a este lado da fronteira. Esta disertación, que se presenta como unha peza fundamental para comprender dita revolución, será o eixo da nosa exploración sobre como os excesos do réxime foron progresivamente quebrando a ditadura desde dentro, e como estas accións influíron na culminación revolucionaria. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 987 |