Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a creación de aldeas de turismo rural
Axudas para a creación de aldeas de turismo rural PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Abril 2011 11:57

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións para a potenciación, a mellora de establecementos existentes de turismo rural, e a creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos de turismo rural existentes.


As actuacións subvencionables son:
-Liña A) de axudas destinadas a proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural. Enténdese por aldea de turismo rural “o conxunto de, como mínimo, 3 casas situadas no mesmo núcleo rural, que sexan explotadas de forma integrada e pertenzan ao mesmo titular. O conxunto das vivendas da aldea de turismo rural gardará entre si unha distancia     máxima de 500 m”.

- Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais, ou establecementos existentes de turismo rural.

- Liña C) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos existentes de turismo rural en actividades tales como turismo de natureza, turismo mariñeiro, enoturismo, hípica, golf, náuticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a eles.

As entidades beneficiarias poderán ser as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de abril de 2011

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>