Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
Presentación da Axenda Cultural Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Xullo 2008 17:41
Esta mañá, o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentou a Axenda Cultural Eurocidade Chaves-Verín, pertencente ao mes de agosto.
VERÍN:

Do 31 de xullo ao 21 de agosto:

- Humor e palabra (exposición de fondos do Museo do Humor [Fene-A Coruña]) na Casa do Escudo. Horarios de visita: das 10 ás 22 horas, de martes a sábados; das 13 ás 22 horas, domingos e luns.

Do 24 de agosto ao 12 de setembro:

- Exposición 1ª Cosecha na Casa do Escudo. Horarios de visita: das 10 ás 22 horas, de martes a sábados; das 13 ás 22 horas, domingos e luns.

1 de agosto:

- Ás 12 horas, Contos para rir e pensar na Casa da Cultura de Verín (acto para nenos e nenas de 8 a 12 anos). Narradores/as: Vítor Melo (Chaves) e Raquel Queizás.

- Historias frescas para tardes quentes (19 horas, Centro de Servizos Sociais de Verín; 17 horas, Rectoral de Pazos; 21 horas, Casa do Pobo de Tamaguelos), con Helena Faria (Coimbra), José Luis Gutierrez “Guti” (Aliste-Zamora) e Raquel Queizás.

- Ás 20.15 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, presentación do libro Atlas histórico da Galiza. Artur Alonso Novelhe (presentador), José Manuel G. Ribeira e José Manuel Barbosa (autores),e Heitor Rodal (editor).

- Na praza García Barbón de Verín, La Biblioteca Mágica de Teatre Arca (Barcelona), ás 23 horas.

2 de agosto:

- Ás 19 horas, na praza García Barbón, A Casa do Poeta.

- Na Casa da Cultura de Verín, representación da obra de teatro infantil O Tio Misérias, por Fantoches Baj (Lisboa), ás 20 horas

- Ás 20 horas, arruada por Verín de L Bombo (Miranda do Douro-Portugal), Trío La Guadaña (Puebla de Sanabria-Zamora) e Cuarteto Verín.

- Na praza García Barbón de Verín, concerto-homenaxe a Manuel Rodríguez “Manoliño”, coa actuación de L Bombo (Miranda do Douro-Portugal), Trío La Guadaña (Puebla de Sanabria-Zamora), Cuarteto Verín, Rubén Vázquez Delgado (gaita irlandesa), Xan Aparicio (gaita en do) e Manuel Rodríguez “Manoliño” trío. Ás 23 horas.

3 de agosto:

- Ás 20 horas, polas rúas de Verín, O Cabaré Ambulante da Compañía Teatral Femme Fatale (A Coruña).

- Na Casa da Cultura de Verín, recital-presentación do libro A vida nova de Madame Bovary, con Xosé Carlos Caneiro (autor) e José Manuel Salgado Rodríguez (guitarrista). Ás 23 horas.

7 de agosto:

- Cinema Masacre (Ven y mira) de Elem Klimov. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).

9 e 10 de agosto:

- III Feira do Viño da D.O. Monterrei (organiza Consello Regulado da D.O. Monterrei, Concello de Verín, Deputación Provincial, Inorde e Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia).

- Deporte Maratón 3 x 3 senior de baloncesto. Pavillón de Deportes de 16 ás 22 horas. Organiza C.B. Xuventude Verín en colaboración co Concello de Verín.

11 a 14 de agosto:

- Deporte na Rúa. Na Praza García Barbón de 16 a 21 horas.

14 de agosto:

- Cinema Un asunto de mujeres de Claude Chabrol. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).

- Animación de rúa Adelén e Ansuiña (grupo de gaitas), na zona histórica de 19 a 21.30 horas. Organiza Vai de Camiño 2008 en colaboración co Concello de Verín.

- Concerto Folc Pepe Vaamonde & Grupo e Susana Seivane na Praza García Barbón (22.30 horas). Organiza Vai de Camiño 2008 en colaboración co Concello de Verín.

15 de agosto:

- Acto religioso no día da patroa de Verín, Santa María “A Maior”, na Igrexa Parroquial ás 11.15 horas.

- XXV Xornadas de Folclore Internacional, na Praza García Barbón ás 22.30 horas. Participación dos grupos de folclore de México, Chile, Taiwan, Xeorxia e Serbia. Organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Verín.
16 de agosto:

- Festa infantil na praia fluvial, de 17 a 20 horas. Organiza o Concello de Verín.

- Espectáculo Dance-Show na Praza García Barbón, ás 23.30 horas. Organiza o Concello de Verín.

17 de agosto:

- Concerto Folc de Xosé Manuel Budiño na Praza García Barbón, ás 23 horas. Organiza Caixanova en colaboración co Concello de Verín.

18 de agosto:

- Cinema Scarface de Howard Hawks. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).

19 de agosto:

- Cinema La senda tenebrosa de Delmer Daves. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).

20 de agosto:

- Cinema El beso del asesinno de Stanley Kubrick. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).

21 de agosto:

- Cinema Código del Hampa de Donald Siegel. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín).


CHAVES:

Do 16 de xuño ao 30 de agosto (Bienal de arte Chaves’2008):

- Exposición de artes plásticas “Dúas xeracións da Escola do Porto” (Armando Alves, Jorge Pinheiro, José Rodrigues e Júlio Resende). Na Biblioteca Municipal de Chaves. Horarios de visita: das 9 ás 19 horas, de luns a venres; das 9 ás 13 horas, sábados.

- Exposición colectiva de artes plásticas de artistas flavienses. Na Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves. Horarios de visita: das 10 ás 12 horas e de 14 ás 18.30 horas, de luns a venres; das 16 ás 19 horas, sábados e domingos. Organiza Cámara Municipal de Chaves, Associaçiâo Chaves Viva é Árvore e Cooperativa de Actividades Artísticas.

1 de agosto:

- Banda musical de Rebordondo no Jardim Público ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

7 de agosto:

- Fados Mitorga en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.


8 de agosto:

- Banda musical flaviense “Os Pardais” en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

14 de agosto:

- Concerto Toques do Caramulo en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

Do 16 ao 18 de agosto:

- Festas en honra do Santiago do Meiral e Nossa Senhiora da Expectaçâo (Mairos-Chaves).

Do 16 ao 22 de agosto:

-XI Semana cultural de Vilarelho da Raia, no Centro Cultural, a partir das 21.30 horas. Organiza o Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia.

19 de agosto:

- XXV Xornadas de Folclore Internacional, na Praça de Camôes ás 22 horas. Participación dos grupos de folclore de México, Chile, Taiwan, Xeorxia e Serbia. Organiza a Deputación de Ourense en colaboración con Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

20 de agosto:

- Animación latina Estúdio de Baile Bayazo, en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

22 de agosto:

- Banda musical da Torre de Ervededo no Jardim Público ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves.

23 e 24 de agosto:

- Festividades en honra do Señor das Almas. Organiza a Comissâo de Festas do Señor das Almas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>