Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais galegas
Axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais galegas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 11:23

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais.

O obxecto é a convocatoria de subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas, por parte de asociacións, entidades e fundacións sen ánimo de lucro. Os mesmos deben contribuír ao espallamento e promoción da cultura en Galicia, e tamén se inclúen gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.

Os beneficiarios son as entidades, fundacións e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 13 de xullo de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>