Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Punto Limpo: reparto de carteis informativos para a recollida de entullos
Punto Limpo: reparto de carteis informativos para a recollida de entullos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2011 11:58

O Punto Limpo da Mancomunidade de Municipios de Verín oferta aos/ás veciños/as un novo servizo de recollida de entullos, en pequena cantidade, que deben ser trasladados polos/as usuarios/as ata o Punto Limpo, situado no Polígono Industrial de Pazos.


Esta medida, na que colabora o Concello de Verín e a Área de Infraestruturas e Servizos da Deputación de Ourense, evitará a aparición de vertedoiros incontrolados de entullos e transmitir o respecto polo medio entre os/as veciños/as desta bisbarra.

Por este motivo, e co obxecto de informar e concienciar aos/ás cidadáns/nas, distribuiranse carteis informativos deste novo servizo polo municipio de Verín. O horario do Punto Limpo é de  10 a 13.30 horas (de luns a sábado) e de 16.30 a 20.15 horas (de martes a sábado), o luns pola tarde permanecerá pechado.

O Concello de Verín instalou nos últimos meses colectores subterráneos nas rúas do municipio, destinados a que os/as veciños/as depositen neles o lixo de modo separado en residuos orgánicos, cristal, papel e cartón, plástico e aceites.  “Fixemos un grande esforzo económico e é unha vergoña que á beira dos mesmos aparezan mobles, portas, electrodomésticos e colchóns”, subliñou o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, “uns residuos que se poden depositar no Punto Limpo, que ten un horario amplo, ou poden ser recollidos nas súas propias vivendas, contactando previamente co Concello de Verín, onde se lles tramitará a solicitude”. Por este motivo, o alcalde recordou que “faremos un estrito seguimento da xente que deposite estes residuos nos colectores en vez do Punto Limpo ou nos montes, e serán sancionados debidamente, xa que só mantendo unha conduta cívica é o único modo de manter limpo Verín”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>