Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Proceso de selección de adxudicatarios de vivendas situadas no casco histórico de Verín
Proceso de selección de adxudicatarios de vivendas situadas no casco histórico de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Xullo 2011 13:33

O 2 de setembro remata o prazo de inscrición do proceso de selección de adxudicatarios de dúas vivendas de promoción pública cualificada, en réxime de aluguer, situadas no Barrio de San Lázaro de Verín.

As características destas vivendas, rehabilitadas pola Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo e que quedaron vacantes, son as seguintes: primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles, de 3 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 222,82 euros) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles, de 2 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 162,16 euros). A estas cifras hai que sumar o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) máis os gastos de comunidade.

Para acceder ás mesmas non existe límite de idade e con ingresos familiares ponderados de entre 1 e 2,5 veces no Indicador Público de Renda e Efectos Múltiples (IPREM) e estar inscritas no Rexistro de Demandantes da Comunidade Autónoma na data final do 2 de setembro. Para inscribirse neste rexistro, na modalidade de vivenda de promoción pública cualificada en barrio histórico para o Concello de Verín, é preciso presentar a solicitude xunto coa seguinte documentación (tendo en conta as circunstancias de cada persoa):

- Persoais: DNI de todos os integrantes da unidade familiar ou convivencial, libro de familia, certificado do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sentenza de separación ou divorcio co convenio regulador correspondente no que figura a adxudicación da vivenda, certificado de mobilidade reducida, certificación de incapacidade.
- Económicas (ingresos obtidos no ano 2009): autorización de datos telemáticos asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial, de no ter presentado a declaración do IRPF (2009) presentar a declaración responsable de todos os ingresos obtidos cos xustificantes relativos a súa percepción, e de non percibir ingresos no estranxeiro entregar a constancia da súa procedencia mediante testemuña autenticado e traducido pola delegación consular de España.
- Patrimonio: Declaración responsable de que ningún membro da unidade familiar foi propietario dunha vivenda de promoción pública e non dispón de vivenda principal ou secundaria, asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial. Ademais, do informe do rexistro da propiedade sobre as titularidades de bens inmobles a nome de calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e autorización para solicitar por vía telemática as certificacións do catastro.
- Residencia ou traballo: certificado municipal de estar de alta no padrón o solicitante ou calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e de non estar empadroados, deben presentar o certificado da empresa correspondente na que conste que o interesado ten o seu posto de traballo no municipio ou, para o caso de traballadores autónomos, copia da licenza fiscal ou alta no Imposto de Actividades Económicas do concello.

O sorteo destas dúas vivendas terá lugar o 15 de setembro na área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>