Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Reunión do rexedor de Verín con responsables de Unión Fenosa para iniciar o traslado da subestación
Reunión do rexedor de Verín con responsables de Unión Fenosa para iniciar o traslado da subestación PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xullo 2011 12:32

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reuniuse con Manuel Fernández Pellicer, director de zona Galicia de Unión Fenosa Distribución, e Juan José Coiradas Samade, xefe do sector Ourense-Lugo de Unión Fenosa Distribución, para establecer as primeiras actuacións destinadas ao traslado da subestación de Unión Fenosa do casco urbano da localidade ao Polígono Industrial de Pazos.

É a primeira reunión celebrada entre os responsables de Unión Fenosa e o alcalde verinense tras a sinatura o pasado 22 de marzo do convenio entre estas dúas entidades e a Consellería de Economía e Industria, destinada ao traslado desta subestación, un dos obxectivos primordiais deste grupo de goberno, situada ao carón de catro centros educativos da localidade. Entre os aspectos que se trataron nesta reunión están: a execución do proxecto a realizar polos técnicos de Unión Fenosa, presentación ante a Consellería de Economía e Industria para lograr a súa aprobación, concesión da licenza por parte do Concello de Verín, e inicio das canalizacións para trasladar a aparamenta e liñas de media e alta tensión cara o Polígono de Pazos. Ademais analizouse “a evolución dos prazos para a execución da ampliación do polígono de Pazos que será antes de final de ano”, subliñou Jiménez Morán, “co obxecto de escoller unha parcela ben comunicada na que instalar a subestación”. “É importante a retirada da subestación do casco urbano de Verín, así como de todas as liñas de media e alta tensión que pasan por enriba das propiedades de veciños e veciñas, que tamén quedarán liberadas da servidume que tiñan que deixarlle a Unión Fenosa”, indicou o rexedor.

Os beneficios que suporán para os verinenses o traslado desta subestación son os seguintes:

- A potenciación dos polígonos industriais como unha das prioridades da Xunta para a dinamización do tecido empresarial de Galicia, tal e como está a favorecer a Consellería de Economía e Industria para o seu definitivo impulso trasladando as subestacións eléctricas aos seus terreos.
- A obra a realizar será unha planificación enerxética que atenderá a futuras necesidades con total garantía, posto que poderá dar subministración planificada desde a nova localización.
- O feísmo ao que nos teñen afeitos os cables que acometen á subestación ao longo do centro urbano desaparecerá e, con iso, conseguiranse uns terreos, polos que discorren actualmente, aptos para urbanizar e cun maior valor de mercado para os seus propietarios.
- Esta acometida aérea será substituída por unha acometida soterrada mediante canalizacións que albergarán todas a liñas e que discorrerán por dominio público, o que eliminará o devandito feísmo.
- A obra a realizar no polígono estará dotada de novas e mellores tecnoloxías para o seu goberno e control, xa que se albergará nunha superficie menor que a que ten actualmente mediante un sistema de encapsulamento e contará con transformadores actualizados e modernos cunha maior insonorización e un maior respecto ambiental.
- A actuación a realizar deséñase mediante edificios que conterán toda a aparamenta e o control da subestación, o que contribuirá a non desentonar coas edificacións existentes na zona.
- Anillamiento da rede de alta tensión. Desta forma, a nova subestación disporá de dobre alimentación da rede de 132 kV, desde as subestacións de Xinzo e Larouco, o que elimina practicamente a posibilidade de fallo de alimentación.
- Renovación de instalacións. A nova subestación contará coa tecnoloxía máis recente que utiliza Unión Fenosa en celas e aparamenta de alta tensión e media tensión.
- Maior capacidade de transformación. Instalaranse dous transformadores 132/20 kV de 30 MVA que poderán satisfacer as necesidades actuais e futuras do Concello e a súa contorna.

A construción da nova estación superará os seis millóns de euros, en cuanto a obra de infraestrutura eléctrica, e a compañía comprometeuse, no momento en que se poña a disposición esta parcela na nova ampliación do Polígono Industrial de Pazos, a executar as obras da nova subestación, en 18 meses, e o traslado da actual, no momento en que entre en funcionamento a nova, asumindo os custos derivados da mesma.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>