Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvención de fomento da investigación e a innovación empresarial
Subvención de fomento da investigación e a innovación empresarial PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Xullo 2011 10:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
- Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas -IN841A. Anexo I-.
- Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais -IN841B. Anexo II-.
- Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT -IN841C. Anexo III-).

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 29 de agosto de 2011.
Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

Ver a orde no D.O.G.


 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>