Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas a PEMES
Axudas a PEMES PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Agosto 2011 13:24

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas a pemes de Galicia para o desenvolvemento do Programa accións complementarias de iniciación e do Programa de iniciación á exportación (PIPE).

Serán obxecto de axuda os gastos recollidos no Detalle de Gastos Elixibles de ambos os programas, que se pode descargar na páxina web do Consello Superior de Cámaras (www.camara.org) dentro do punto correspondente a accións complementarias de iniciación e no punto de PIPE. Igualmente, para o programa PIPE esta documentación encóntrase no portal PIPE (www.portalpipe.com) e na web do ICEX (www.icex.com).

As accións van dirixidas, con carácter xeral, a pemes (segundo a definición da Unión Europea) potencialmente exportadoras e/ou exportadoras, ou que desexen consolidar os seus departamentos de comercio exterior, abrir mercados no exterior ou empregar calquera dos instrumentos contemplados no detalle como ferramenta para aumentar ou consolidar as súas vendas no mercado en cuestión.

O PIPE vai dirixido a pemes (segundo a definición da Unión Europea) que, dispoñendo dun produto ou servizo e con potencial exportador, non exporten ou que a súa porcentaxe de exportación non supere o 30% da súa facturación (agás as excepcións contempladas no programa motivadas por exportación cativas, a clientes único etc). Han de cumprir os requisitos establecidos no punto 7 desta convocatoria e coa normativa nacional e comunitaria: norma de mínimis, estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, etc.

O prazo para a presentación destas solicitudes é durante todo o ano.    

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.



 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>