Anuncio de adxudicación provisional |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 07 Agosto 2008 11:43 |
En cumprimento do disposto no artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a resolución de adxudicación provisional do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da execución da obra "Construción dunha praza pública en Ábedes-Verín" aprobado por Decreto desta Alcaldía de 07 de agosto de 2008, co seguinte contido: " Logo de ter lugar a contratación para adxudicar as obras que despois se referenciarán, mediante procedemento negociado sen publicidade e, consonte coa acta que contén as actuacións que realizou a Mesa de contratación, así como a súa proposta: PRIMEIRO.- Declarar válida a licitación que se realizou e en consecuencia adxudicar provisionalmente a seguinte: OBRA: construción dunha praza pública en Ábedes-Verín. ADXUDICATARIO: Excavaciones Vipeca, SL DOMICILIO: Avda. de Laza, 22, Verín-Ourense PREZO SEN IVE: 62.068,97 euros. IVE: 9.931,03 euros TOTAL: 72.000,00 euros GARANTÍA DEFINITIVA: 3.103,45 euros DIRECTOR TÉCNICO: Rafael C. García Losada, enxeñeiro técnico agrícola. SEGUNDO.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaron adxudicatarios. TERCEIRO.- Notificar e requirir ao adxudicatario para que no improrrogable prazo de15 DÍAS HÁBILES seguintes ao da notificación deste acordo aporte o documento constitutivo da garantía definitiva polo importe que se sinalou, como requisito previo á sinatura do contrato, así como os seguintes documentos: - Documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias. - Resgardo de constitución da garantía definitiva. CUARTO.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratista situado na páxina web www.verin.net." A alcaldesa en funcións Mª Carmen Pardo López
|