Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para o adopción das tecnoloxías da información e as comunicacións no canle de distribución da industria editorial
Axudas para o adopción das tecnoloxías da información e as comunicacións no canle de distribución da industria editorial PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Setembro 2011 12:03

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas en especie para a realización do proxecto demostrador denominado impulso da adopción das tecnoloxías da información e as comunicacións no sector de canle de distribución da industria editorial 2011.

O obxecto consiste na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da “Solución Xestión de Punto de Venda” e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación.

Os beneficiarios deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da Base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 9 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 2 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de canle de distribución da industria editorial (comercio polo miúdo de libros, xornais e papelaría) (CNAE 2009: 4761 Comercio ao por menor de libros en establecementos especializados e 4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados).    
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza.        
h) Que o seu domicilio social estea establecido nalgunha das seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana, Extremadura, Castela La Mancha, Asturias, Galicia ou Castela e León.

Ademais, os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 19 de outubro de 2011.

Para máis información e tramitación deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>