Venres, 08 Agosto 2008 09:35 |
Debe saber que:
- É moi importante que antes de comprar un ben ou de contratar un servizo, saiba cales son os seus dereitos, polo que non dubide en solicitar toda a información que precise sobre eles.
- Solicite sempre factura ou comprobante da compra e gárdeo durante o período de garantía, recorde que a garantía que lle teñen que dar é de dous anos dende a data que figure na factura.
- Teña especial coidado coa publicidade, lembre que todo o que se publicita tense que cumprir, e vostede poderá esixilo. Se observa publicidades enganosas denúncieo.
- Todos os produtos postos a disposición dos consumidores e usuarios deben expor o seu prezo completo, incluídos os impostos, o prezo tamén debe figurar no escaparate.
- Quede con copia de todo o que asine e asegúrese de que o seu contido é idéntico ao orixinal que lle deixa ao empresario.
- Se vai asinar un contrato, ten que lelo detidamente, todas e cada unha das cláusulas. Se non as entende solicite información sobre elas, poderían ser abusivas.
- Se vai realizar unha reforma ou reparar un coche ou un aparello, solicite antes un orzamento previo.
- Salvo que se anuncie outra cousa, no establecemento e nos xustificantes da compra o empresario non está obrigado a cambiarlle o produto nin a devolverlle o seu diñeiro. Só pode pedir o seu cambio se o produto é defectuoso. E recorde que os cambios ou devolucións son unha cortesía dos establecementos, que sempre esixen o tícket de compra para poder efectualo, e poden ASÍ MESMO excluílo para determinados produtos, e limitar as súas condicións. Se vostede acepta un vale, implicitamente acepta as súas condicións.
- O establecemento debe dispor de follas de reclamacións, que constan de tres copias: unha para o establecemento, outra para o consumidor e unha terceira que debe remitirse á Omic da Coruña ou ao Servizo provincial de consumo...).
- Garde sempre as facturas, billetes, albaráns de entrega, ou calquera outro documento no que poida apoiar as súas pretensións.
- Practique o consumo responsable, é dicir, sexa respectuoso e solidario cara ao medioambiente, recorde que só temos un planeta e hai que coidalo. Non malgaste, compre só o que realmente necesita.
|