Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa de asesoramento a PEMES en comercio electrónico B2C
Programa de asesoramento a PEMES en comercio electrónico B2C PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Outubro 2011 13:05

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de bases reguladoras para a participación de entidades colaboradoras no Programa de asesoramento a PEMES en comercio electrónico B2C.

O obxecto é a prestación polos Colaboradores dos Servizos de asesoramento especializado en comercio electrónico B2C ás PEME beneficiarias que os seleccionen, así como a xestión por adiantado da subvención concedida a ditas PEME mediante o desconto do seu importe na factura correspondente.

Poderán ser beneficiarios no proceso de selección aquelas entidades (en diante, "os Solicitantes") que presten servizos de asesoramento especializado en comercio electrónico B2C, a través da asesoría personalizada e individualizada, realizada por profesionais expertos do sector, para impulsar o potencial da PEME e posicionar a mesma estratexicamente no mercado online e que cumpran cos requisitos de solvencia establecidos no presente apartado.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 26 de outubro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>