Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior
Subvencións do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Outubro 2011 11:48

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior e se modifica o prazo de xustificación.

O obxecto é a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes, a que fai referencia a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda, etc.) sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3º se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 22 de outubro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>