Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Inscrición para o Obradoiro do Cigarrón
Inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Outubro 2011 13:41

O Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 28 de outubro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).

As actividades formativas, con límite de prazas, comezarán na primeira quincena de novembro, e na semana que remata co Domingo de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os traxes que se confeccionaron. Para participar é imprescindible ter libres a tarde ou tardes nas que se desenvolvan as actividades.

O cigarrón é unha das mostras máis importantes de cultura material, no relativo á vestimenta das efemérides, tanto do patrimonio local como do de Galicia. Por este motivo desde o ano 1997, o Concello de Verín organiza anualmente este obradoiro. A finalidade é dobre: divulgar patróns para a confección dos diversos elementos que compoñen esa peculiar máscara, e ofrecerlle a posibilidade de facer os compoñentes deste complexo disfrace a calquera persoa sen coñecementos.

No Obradoiro do Cigarrón ensínaselles aos inscritos a facer os elementos artesanais da máscara, que son todos os do traxe agás a camisa, as polainas, as medias, as faixas, o pano do lombo, os zapatos e os chocallos, que se poden adquirir de produción industrial. Tamén se informa aos participantes sobre o tipo de calzado que harmoniza co traxe, que tipo de chocallos e cantos se deben adquirir, ou como vestir o traxe e utilizalo en público. Con isto preténdese que o cigarrón se manteña dentro duns canons de respecto polas formas clásicas da máscara, e que non se inclúan elementos aberrantes na confección e o uso. O prezo da inscrición para participar en todas as actividades é de 85 euros, mentres que para realizar só o traxe ou a careta é de 65 euros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>