Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para actuacións de promoción e internacionalización no sector téxtil
Subvencións para actuacións de promoción e internacionalización no sector téxtil PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Novembro 2011 14:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

O obxecto é incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil-moda-confección nos mercados externos a Galicia, de carácter internacional.

Poderán ser beneficiarios, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas privadas pertencentes ao sector téxtil-moda-confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 16 de decembro de 2011.

Para máis información e tramitación deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>