Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Convocatoria dos Premios do Deporte Galego 2010-2011
Convocatoria dos Premios do Deporte Galego 2010-2011 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Novembro 2011 14:30

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución da Secretaría Xeral para o Deporte para a convocatoria dos Premios do Deporte Galego da tempada 2010-2011, que recoñecerán publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia.

Este premios serán concedidos nas seguintes categorías:
1. Premio á mellor deportista feminina.
2. Premio á mellor deportista feminina discapacitada.
3. Premio ao mellor deportista masculino.
4. Premio ao mellor deportista masculino discapacitado.
5. Premio ao mellor equipo feminino.
6. Premio ao mellor equipo masculino.
7. Premio ao mellor equipo de deportistas discapacitadas ou discapacitados.
8. Premio á mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base.
9. Premio ao mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar.
10. Premio ao mellor adestrador/a.
11. Premio ao mellor árbitro/a-xuíz/a.
12. Premio ao mellor labor informativo.
13. Premio ao mellor evento deportivo.
14. Premio patrocinio deportivo.
15. Premio revelación.
16. Premio ao concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte.

Xunto a estas categorías, por proposta e por resolución do xurado, poderán outorgarse mencións especiais.

Con respecto á presentación de candidaturas:
- Os propoñentes poderán presentar unha candidatura por categoría.
- Poderán formular propostas as asociacións deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, os concellos de Galicia, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego, a través do anexo que se xunta a esta resolución e que se dirixirá á Secretaría Xeral para o Deporte, acompañada da documentación e información que acredite os méritos que concorren nos candidatos. A presentación de candidaturas implica a total aceptación desta resolución o do resultado do xurado.
- A documentación dirixirase á Secretaría Xeral para o Deporte mediante a súa presentación por calquera dos medios previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O xurado cualificador estará presidido polo secretario xeral para o Deporte e serán vogais o titular da Subdirección Xeral de Deporte, o presidente da Ufedega, os xefes de servizo provinciais de Deportes, o xefe de deportes da CRTVG e outros tres vogais designados polo presidente do xurado entre o persoal ao servizo da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Fundación Deporte Galego. Actuará como secretario un funcionario designado polo secretario xeral para o Deporte de entre os que se atopan ao servizo desta secretaría xeral, e que terá entre outras funcións a de recibir, clasificar e ordenar a documentación que deba someterse á consideración do xurado. O secretario do xurado terá voz pero non voto nas reunións do xurado.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 8 de decembro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>