Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións relativas ao Plan de Vehículos Eficientes
Subvencións relativas ao Plan de Vehículos Eficientes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Decembro 2011 13:39

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan de Vehículos Eficientes, así como se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan como anticipadas de gasto.

O obxecto é establecer bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á modernización do parque de turismos e vehículos comerciais de menos de 3.500 kg de MMA e motocicletas, mediante a adquisición de vehículos de propulsión híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo ou hidróxeno para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética de vehículos novos que produzan menor impacto ambiental.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e as comunidades de bens. As entidades colaboradoras do Plan de Vehículos Eficientes son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

Poderanse reservar os fondos a partir dos 9 días hábiles contados desde o seguinte á publicación no DOG do presente plan ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>