Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Investimentos no exterior destinados á comercialización de produtos vitivinícolas
Investimentos no exterior destinados á comercialización de produtos vitivinícolas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Decembro 2011 14:45

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de bases reguladoras das axudas aos investimentos no exterior destinadas á comercialización de produtos vitivinícolas, e se convocan para o exercicio orzamentario 2012.

Poderán ser beneficiarios os solicitantes que, conforme o establecido no artigo 4 do Real decreto 1547/2011, teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que cumpran ademais todos os requisitos seguintes:
1. Que se trate dunha microempresa o unha pequena ou mediana empresa (peme), segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Tamén serán admisibles as empresas que non sendo peme, teñan menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros.
2. Que produzan e/ou comercialicen os produtos que se describen no anexo XI ter do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, do 22 de outubro de 2007, e que estes fosen producidos en territorio español. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación deberá proceder da comercialización dos produtos do anexo XI ter do Regulamento n.º 1234/2007.
3. Que teñan actividade no momento de presentar a solicitude.
4. Que non se trate dunha empresa en dificultade, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise.
5. Que demostre suficiente capacidade e medios para asegurar a adecuada execución do investimento.
6. Que non incorran nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Os proxectos de investimento poderán executarse nun o dous períodos contados desde a data de solicitude ata o 1 de xullo do ano 2012 ou de 2013, segundo corresponda, sen posibilidade de prórroga. En ningún caso o remate do proxecto de investimento será posterior ao 1 de xullo de 2013.

As axudas establecidas nesta orde poderán acadar ata o 50% do investimento subvencionable cando o beneficiario sexa unha peme, e ata o 25% do investimento subvencionable no caso de empresas non peme con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros.

As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo A desta orde. O lugar de presentación será prioritariamente no Rexistro Xeral do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Tamén poderán presentarse na sede electrónica conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades de ela dependentes. As solicitudes de axuda deberán vir acompañadas do proxecto de investimento, que deberá incluír como mínimo toda a información sinalada no anexo 3 desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comezará o día de entrada en vigor desta orde e rematará o día 26 de decembro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>