Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Plan Renove de Equipamentos de Climatización 2011
Plan Renove de Equipamentos de Climatización 2011 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Decembro 2011 13:11

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Equipamentos de Climatización, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto.

Esta resolución ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía. Así como, establecer a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión e convocar as devanditas axudas.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.  Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 y 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas:
O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes de equipamentos de produción de calor e frío por outros de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. Considérase actuacións subvencionables:
- O cambio de caldeiras, equipamentos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipamentos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW (a potencia corresponderá á suma das potencias de todas as caldeiras instaladas e, no caso de equipamentos de frío ou de bombas de calor, corresponderá á suma de todas as potencias térmicas das unidades exteriores).
- Tamén será subvencionable a substitución de sistemas de calefacción eléctricos con acumulación e tarifa nocturna por caldeiras de condensación que utilicen combustibles líquidos ou gases.

Os equipamentos novos que se instalen para seren subvencionables teñen que cumprir con algún dos seguintes requisitos técnicos:
– Caldeiras de condensación.
– Equipamentos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga (rendemento: clase A e EER superior a 3).
– Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire (rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).
As marcas e modelos subvencionables encontraranse incluídas na listaxe do Plan Renove de Equipamentos de Climatización co obxecto de garantir, desde o punto de vista de eficiencia enerxética, a idoniedade dos equipamentos. Esta listaxe poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).
Considéranse custes subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e o IVE, no caso de que este sexa subvencionable. No caso de equipamentos de frío ou bombas de calor, considérase custo da instalación tanto a unidade exterior coma as unidades interiores.

Non son subvencionables:
- A substitución de radiadores eléctricos portátiles.
- A substitución de instalacións exclusivas de auga quente sanitaria.
- A substitución de caldeiras que utilicen enerxías renovables (biomasa).
- A susbstitución dunha caldeira colectiva ou centralizada que do servizo a varias vivendas por caldeiras individuais situadas en cada unha das vivendas.
- A substitución e a compra de sistemas de conduto único, incluído tipo portátiles ou pingüín.
En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa fosen obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan Renove de Equipamentos de Climatización.
A contía da subvención calcularase atendendo aos límites establecidos que se especifican a seguir segundo a potencia nominal. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 30 % do custo total da actuación.


Sempre que non se supere o limite indicado do 30% do custo total da actuación, a contía da axuda será a que figura no seguinte cadro:

Equipamento

Potencia nominal en modo calefacción (kW)

Axuda

Caldeiras de condensación

5?Pn<39

840 euros

Caldeiras de condensación

39?Pn?70

1.320 euros


Equipamento

Potencia nominal da unidade exterior en modo frío ou calor (kW)

Axuda

Equipamentos só frío ou bomba de calor

5?Pn?6

660 euros

Equipamentos só frío ou bomba de calor

6<Pn?8

1.080 euros

Equipamentos só frío ou bomba de calor

8<Pn?12

1.440 euros

Equipamentos só frío ou bomba de calor

12<Pn?16

2.040 euros

Equipamentos só frío ou bomba de calor

16<Pn?70

3.840 euros

O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e o Inega. Serán as encargadas da venda, da promoción, da substitución e da instalación dos equipamentos, así como da comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes, realización do trámite da solicitude e da xustificación da axuda. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artigo 7 da orde. Será preciso que estas entidades sexan empresas instaladoras de instalacións térmicas en edificios.  
As entidades colaboradoras do Plan Renove de Equipamentos de Climatización son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación). O procedemento estrutúrase en dúas fases:
a) Reserva dos fondos: O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un equipamento que cumpra os requisitos mínimos esixidos no artigo 3 destas bases. Poderán reservarse os fondos a partir dos 30 días hábiles contados desde o seguinte á publicación no DOG deste plan ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.
b) Solicitude da axuda e xustificación da actuación: Nos 60 días naturais desde o día seguinte á data da reserva de fondos a través da aplicación informática, e nunca alén do 30 de setembro de 2012, a entidade colaboradora ten que realizar a obra e presentar a solicitude xunto coa documentación xustificativa da actuación que se indica neste artigo.

O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión simplificada e ordinaria será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mentres que o prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de nove (9) meses contados desde a data da reserva de fondos na aplicación informática. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>