Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior |
Martes, 27 Decembro 2011 12:45 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. a) Substitución de lámpadas existentes por:
Lámpadas subvencionables: Investimento elixible máximo (*) (€/unidade) Fluorescentes tubulares lineais de 26 mm de diámetro 10 Fluorescentes tubulares lineais de 16 mm de diámetro 15 Fluorescentes compactos integrados (lámpadas de baixo consumo) 18 Fluorescentes compactos (TC) 20 Lámpadas de descarga de haloxenuros metálicos (HM) 90 Lámpadas LED (con casquillo E14, E27, GU5.3, GU10) 60 Tubo LED sen equipo integrado 60 Tecnoloxía de indución 60 Lámpadas sodio de alta presión 50 (*) O investimento elixible máximo inclúe o prezo do material e a súa instalación. b) Substitución de balasto convencional por:
Balastos subvencionables Investimento elixible máximo (*) (€/unidade) Balasto electrónico 40 Balasto electrónico regulable 90 Balasto electrónico para HM 175 Balasto electrónico para SAP 150 (*) O investimento elixible máximo inclúe o prezo do material e a súa instalación.
c) Renovación de luminarias existentes por:
Luminarias subvencionables Investimento elixible máximo(*) (€/unidade) Proxector con equipo electrónico (con/sen regulación) sen lámpadas 500 Downlight con balasto electrónico (con/sin regulación) sen lámpadas 250 Pantalla estanca con balasto electrónico (con/sin regulación) sen lámpadas 100 Pantalla fluorescente con balasto electrónico (con/sen regulación) sen lámpadas 250 (*) O investimento elixible máximo inclúe o prezo do material e a súa instalación. d) Outras actuacións subvencionables: Outras actuacións subvencionables Investimento elixible máximo(*) (€/unidade) Sistemas de control de fotocélula 85 Sistemas de control de fotocélula integrada en luminaria 35 Detectores de presenza 150 Seccionamento da instalación 30 €/m2 Reforma do cadro de mando e protección 300
(*) O investimento elixible máximo inclúe o prezo do material e a súa instalación. Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes, se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano. O investimento mínimo para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500 euros (co IVE incluído, si é subvencionable). Os conceptos de albanelaría non son subvencionables. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á renovación dos equipos de iluminación interior que xa foran obxecto de subvención en anos anteriores. |
Oficina Municipal de Desenvolvemento Local Praza do Concello, 1 1º |