Terceira modificación da orde pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego |
Mércores, 28 Decembro 2011 15:44 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da terceira modificación modificación da orde pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista. Artigo 2. Modifícase o parágrafo segundo do artigo 1 da Orde do 11 de agosto de 2011: “Así mesmo, por medio desta orde apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2012 (anexo II)”. Artigo 3. Modifícase o artigo 13.4 do anexo I da Orde do 11 de agosto de 2011: “No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2012”. Artigo 4. Modifícase o artigo 1.1 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011: “A subvención regulada por estas bases ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2012”. Artigo 6. Modifícanse os parágrafos primeiro e segundo do artigo 3.1 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011: “A Consellería de Economía e Industria destinará para o financiamento deste réxime de subvencións os créditos globais correspondentes á aplicación orzamentaria dos orzamentos da comunidade autónoma para 2012, que se menciona a continuación: Aplicación orzamentaria: 08.03.751A.770.1 “modernización e fomento da calidade no comercio retallista”, exercicio 2012: 438.396,94 €. Esta convocatoria está financiada nun 70%, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e no 30% restante polo FCI. As actuacións previstas están comprendidas no Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 08, actuación 08". Artigo 7. Modifícase o artigo 5.1 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011: “A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente orde do conselleiro de Economía e Industria pola que se proceda á apertura do prazo de presentación de solicitudes de subvención, iniciarase o citado prazo que permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2012, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior. A relación íntegra de entidades colaboradoras deberá publicarse no DOG con carácter previo á citada orde de apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda, ou conxuntamente con esta”. Artigo 8. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 6.6 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011: “No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2012”. Artigo 9. Modifícase o artigo 9.7 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011: “Os/as beneficiarios/as quedarán exentos de xustificar que se encontran ao día do pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autónoma, así como coa Seguridade Social, ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, no caso de preverse tal exención na normativa orzamentaria da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012”. Artigo 10. Modifícanse os seguintes parágrafos dos anexos que se refiren: |
Oficina Municipal de Desenvolvemento Local Praza do Concello, 1 1º |