Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para o financiamento de accións de cooperación no ámbito agroalimentario
Axudas para o financiamento de accións de cooperación no ámbito agroalimentario PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xaneiro 2012 12:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

O obxecto é aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal para o período 2012-2014 e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2012. . Por innovación de produto enténdese a obtención dun ben anteriormente inexistente; a innovación de proceso implica a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente e unha innovación tecnolóxica implica a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.

Terán a condición de beneficiarios/as das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases: organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura e empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Terán a condición de axentes cooperantes nas accións propostas polos beneficiarios das axudas os seguintes:
a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma.
O orzamento das actividades de ningún dos axentes cooperantes poderá ser inferior ao 10% do orzamento total da proposta de cooperación.
Segundo a nova redacción do artigo 29 do Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro, dada polo Regulamento 74/2009, do 19 de xaneiro, na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores, e, cando menos, un deles deberá ser un produtor primario ou pertencer á industria da transformación.

As propostas subvencionables deberán adecuarse ás seguintes temáticas:
– Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e dos seus transformados.
– Iniciativas de cooperación que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria.
– Iniciativas de cooperación que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.
A solicitude de axuda para a realización das accións de cooperación será presentada necesariamente por algunha das entidades ás que se fai referencia no número 1 do artigo 2 desta orde, que asumirá a coordinación do proxecto. A proposta deberá incluír, como mínimo, a participación dun centro de investigación dos enumerados no punto 2.b) do devandito artigo, como axente cooperante.  A duración da iniciativa de cooperación será de tres anos como máximo.
A contía máxima subvencionada en cada proposta de cooperación será de 200.000 euros. A dita subvención pode chegar a cubrir o custo total da actividade, e a contía concreta para cada caso determinarase en función dos seguintes condicionantes:
a) O orzamento realmente susceptible de axuda, con base no sinalado no artigo 8 desta orde.
b) A puntuación total obtida aplicando os criterios do punto 2 do artigo 11.
c) O orzamento total dispoñible para as tres anualidades.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será 05 de febreiro de 2012.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>