Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 1ª Cosecha, de Josu Gascón
1ª Cosecha, de Josu Gascón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Agosto 2008 12:21
Desde o 24 de agosto ao 11 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 1ª Cosecha do escultor vasco Josu Gascón.
A mostra reúne nove das últimas obras do autor, realizadas durante estes tres últimos anos (2006-2008). Con medidas e materiais diversos, todas elas posúen unha gran influencia artística da 'tendencia conceptual' da arte sobre unha base neodadaísta, onde o autor utiliza o simbolismo lingüístico e o ensamblaxe de obxectos cotiáns para expresar a súa visión sobre a arte e a vida. Eclectismo da expresividade e encontro de diferentes obxectos que axuden a expresar as inquietudes intelectuais, éticas e emocionais dos espectadores é o fin último deste escultor autodidacta con obras como “Rectángulos aúreos”, “Negro sobre blanco sobre negro” ou “Apuntes para una Teoría del Arte Contemporáneo”.

A exposición pódese visitar no seguinte horario:
- Agosto: martes a sábado de 10 a 22 horas e o domingo e luns de 13 a 22 horas.
- Setembro: martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas, e o domingo e luns de 12 a 20.30 horas.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>