ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO) |
![]() |
![]() |
![]() |
CAPÍTULO PRIMEIRO: NATUREZA ARTIGO 1: FUNDAMENTO O Imposto sobre construcións, instalacións e obras é un tributo indirecto que se establece de acordo coa autorización concedida nos artigos 15.1 e 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e regulado de conformidade cos artigos 100 a 103, ambos inclusive, de dita disposición. CAPÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE 1.- De conformidade co previsto no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible deste imposto, a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra, para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obra ou urbanística, se obteña ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio. 2.- As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, de conformidade co artigo 194.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galiza, poderán consistir en calquera acto de uso e edificación do solo e do subsolo e, en particular: * Parcelacións urbanísticas. * Movementos de terras. * Obras de construción de toda clase de edificacións e instalacións de nova planta. * Modificación da estrutura, disposición interior ou aspecto exterior das edificacións existentes. * Primeira utilización dos edificios. * Modificación do uso dos edificios existentes. * Obras de demolición. * Colocación de carteis de propaganda visibles desde a vía pública. * Aliñacións e rasantes. * Obras de fontanería e enganche ás redes xerais municipais de abastecemento e saneamento. * Obras en cemiterios. * Peches e valados de predios e fincas. * Calquera outra construción, instalación ou obra e, en xeral, todo acto de uso e edificación do solo que se sinale regulamentariamente e que requira licenza municipal de obras ou urbanística. 3.- Quedan, tamén, incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións ou obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aqueloutras que requiran a existencia previa dun acordo aprobatorio, dunha concesión administrativa ou dunha autorización municipal , nas que, a licenza, aludida no apartado anterior, considerarase outorgada unha vez se ditara a orde de execución, adoptado o acordo, adxudicada a concesión ou concedida a autorización polos órganos municipais competentes, con cumprimento da 4.- Quedan, igualmente, incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servizos públicos, que comprenderán tanto as obras necesarias para levar a cabo a apertura de exploracións e pozos ou gabias,tendido de carrís, colocación de postes,canalizacións, acometidas e en xeral calquera remoción do pavimento ou das beirarrúas, coma as que sexan precisas para efectuar a reposición, reconstrución ou arranzo do que se destruíra ou deteriorara coas expresadas calas ou gabias. . 5.- Así mesmo, quedan incluídas no feito impoñible do imposto as construcións, instalacións e obras que se realicen nos cemiterios, como construción de panteóns, mausoleos, reformas e colocación de sarcófagos, lápidas, cruces e demais atributos e as obras de fontanaría, de sumidoiro e galerías de servizos. CAPÍTULO TERCEIRO: SUXEITOS PASIVOS ARTIGO 3: CONTRIBUÍNTES 1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica propia a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra. 2.- Considerarase dono da construción, instalación ou obra: a) En xeral, a quen soporte o gasto ou o custo de financiamento que comporte a execución ou realización das obras. b) No seu defecto, e se non constara a información necesaria para iso, a quen sexa titular ou propietario do inmoble no que se realicen, salvo proba en contra. ARTIGO 4: SUBSTITUTOS DO CONTRIBUÍNTE 1.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos, a título de substitutos do contribuínte: a) Os que soliciten as correspondentes licenzas urbanísticas ou de obras. b) En caso de obras executadas sen licenza, os que executen materialmente a construcións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes. 2.- O substituto do contribuínte poderá repercutir no contribuínte a carga tributaria satisfeita. CAPÍTULO CUARTO: BENEFICIOS FISCAIS SECCIÓN I : EXENCIÓNS ARTIGO 5: EXENCIÓNS 1.- Están exentas do imposto, as construcións, instalacións e obras das que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais sempre que o seu destino sexa algún dos sinalados no artigo 100.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo coma de conservación. 2.- Están exentas do imposto, as construcións, instalacións e obras realizadas en bens comunais e de dominio público, de conformidade co artigo 80.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.Corresponderá a aprezación da cualificación xurídica dos bens inmobles nos que se executen ou realicen as obras e, polo tanto, a procedencia ou non da exención á Xunta de Goberno Local, tralo informe do servizo municipal de Intervención. SECCIÓN SEGUNDA: BONIFICACIÓNS SUBSECCIÓN PRIMEIRA: BONIFICACIÓNS RELATIVAS A CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS DECLARADAS DE ESPECIAL INTERESE OU UTILIDADE MUNICIPAL ARTIGO 6: BONIFICACIÓNS 1.- Ó abeiro do establecido no artigo 103.2.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, as construcións, instalacións e obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal neste artigo poderán gozar dunha bonificación na cota do imposto na porcentaxe que, para cada caso, se sinale trala solicitude do suxeito pasivo. 2.- A través da presente Ordenanza fiscal decláranse como de especial interese ou utilidade municipal, as construcións, instalacións e obras seguintes: a) Por razóns socio-culturais, as obras de rehabilitación, conservación, reestruturación e restauración de vivendas e fachadas en edificacións situadas dentro do ámbito delimitado e regulado xuridicamente polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Núcleo Antigo e Barrio de San Lázaro de Verín (PEPRI). b) Por razóns histórico-artísticas, as obras de rehabilitación, conservación, reestruturación e restauración de vivendas e fachadas en edificacións e elementos que se declaren protexidos no planeamento urbanístico. c) Por razóns de fomento de emprego, as obras de construción e edificación para a instalación de empresas en polígonos industriais ou parques empresariais de Verín. 3.- A declaración de especial interese ou utilidade municipal efectuada no apartado anterior conlevará o disfrute dunha bonificación, en forma de porcentaxe para aplicar sobre a base impoñible do imposto, nas seguintes contías:
4.-As bonificacións previstas no apartado anterior poderán ser aplicables simultaneamente atéo límite da totalidade da cota tributaria. 5.-Para os efectos previstos nos apartados a) e b) do apartado segundo deste artigo, entenderanse como obras de restauración, de conservación, de rehabilitación e de reestruturación, aquelas definidas como tales, segundo as disposicións do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Núcleo Antigo e Barrio de San Lázaro de Verín. 6.-No suposto previsto na letra c) do apartado 2 deste artigo, só procederá a declaración de utilidade pública ou interese social cando a construción, instalación ou obra conleve no futuro a creación de novos postos de traballo de carácter fixo ou indefinido. ARTIGO 7: PROCEDEMENTO XERAL DE CONCESIÓN 1.- Para gozar da bonificación a que se refire o artigo anterior, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo o recoñecemento municipal do cumprimento de tódolos requisitos necesarios para que a construción, instalación ou obra mereza a consideración de obra de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá efectuarse antes do inicio das construcións, instalacións ou obras e dentro do prazo para a presentación da autoliquidación do imposto. 2.- Á solicitude achegarase a documentación que xustifique a pertinencia da declaración de especial interese ou utilidade municipal, así como orzamento analizado das construcións, instalacións ou obras, ou daquelas das súas partes para as que se solicita dita declaración. 3.-Logo de presentar en tempo e forma a solicitude e os correspondentes documentos, o suxeito pasivo poderá aplicar na autoliquidación do imposto a bonificación que proceda, de forma provisional e, en todo caso, condicionada a que se obteña o recoñecemento municipal sobre o cumprimento de tódolos requisitos necesarios para iso. 4.-Se se considerase o incumprimento dos requisitos para considerarse obra de especial interese ou utilidade municipal ou, de acordo a ela, resultasen inadecuadas as porcentaxes de bonificación aplicadas polo suxeito pasivo, polos correspondentes órganos de xestión do imposto procederase a xirar de oficio liquidación provisional, sen a bonificación ou coa porcentaxe que proceda, e cos intereses de demora pertinentes; todo iso, sen prexuízo das sancións a que houbese lugar se se prezase a existencia de infracción tributaria. 5.- A bonificación acordarase, en todo caso, de forma condicionada a que a realización e execución das construcións, instalacións e obras se axusten ó previsto na licenza municipal e á acreditación ou obtención das posibles cualificacións ou actos que puidesen resultar esixibles, no seu caso, quedando o beneficio outorgado automaticamente sen efecto, sen necesidade de novo acordo en sentido contrario, tanto nestes supostos coma no caso de caducidade da licenza urbanística outorgada. 6.- O acordo polo que se precen as circunstancias e a concorrencia dos requisitos necesarios para considerar a obra como de especial interese ou utilidade municipal adoptarase polo Pleno da Corporación, sen prexuízo das delegacións que, no seu caso, se puidesen outorgar, e será notificado ó interesado xuntamente, no seu caso, coa liquidación complementaria que proceda, polos servizos de xestión do imposto. 7.- Non procederá, en ningún caso, conceder ou outorgar bonificación no caso de construcións, instalacións ou obras que se iniciaran sen obter a licenza urbanística previa, antes do seu comezo. En tales casos, o interesado deberá presentar a autoliquidación do imposto sen aplicar ningunha bonificación neste concepto. 8.- A bonificación terá carácter provisional, mentres pola administración municipal non se proceda á comprobación dos feitos e circunstancias que permitisen o seu disfrute e se dite a correspondente liquidación definitiva, se declare a conformidade ou transcorran os prazos establecidos para a comprobación. ARTIGO 8: PROCEDEMENTO EN CASO DE ORDE DE EXECUCIÓN 1.- No suposto de construcións, instalacións ou obras que se teñan que realizar como consecuencia de ordes de execución, a solicitude deberá formularse dentro do prazo concedido pola administración municipal para o comezo das construcións, instalacións ou obras. 2.- Se, en razón do prazo conferido para a súa execución, non fose posible resolver sobre dita solicitude antes de que concluíse o prazo para presentar a correspondente autoliquidación, o suxeito pasivo poderá aplicarse nela a bonificación que proceda, de forma provisional, e, en todo caso, condicionada á resolución do órgano municipal competente sobre o cumprimento dos requisitos necesarios para iso. ARTIGO 9: EXTEMPORANEIDADE DA SOLICITUDE 1.- Se a solicitude se presentase fóra dos prazos establecidos, non procederá a aplicación de ningunha bonificación. 2.- Emporiso, como excepción, serán admisibles aquelas solicitudes que, aínda non presentadas ó tempo da concesión da licenza urbanística correspondente, se formulen, en todo caso, antes do inicio das construcións, instalacións ou obras de que se trate. 3.- En tales supostos, a bonificación só poderá aplicarse unha vez que o órgano municipal competente resolvera sobre a prezación dos requisitos, cando finalicen as construcións, instalacións ou obras, debendo a dito efecto facer constar tal circunstancia na liquidación definitiva que, no seu caso, se practique. 4.- En ningún caso, devengarán intereses as cantidades que tivesen que reembolsarse ó suxeito pasivo como consecuencia de autoliquidacións ingresadas sen se ter practicada a bonificación, por causa da extemporaneidade da solicitude de bonificación, determinante da imposibilidade da súa aplicación no momento da autoliquidación e posterior ingreso na Tesouraría municipal. SUBSECCIÓN SEGUNDA: OUTRAS BONIFICACIÓNS ARTIGO 10: APROVEITAMENTO DE ENERXÍA SOLAR 1.- Ó abeiro do establecido no artigo 103.2.b) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, as construcións, instalacións e obras que incorporen sistemas de aproveitamento, térmico ou eléctrico, da enerxía solar poderán gozar dunha bonificación na cota do imposto na porcentaxe do 95% 2.- A bonificación prevista neste artigo poderá ser aplicada á cota resultante de aplicar as bonificacións que poidan corresponder en caso de construcións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade municipal. 3.- A aplicación desta bonificación haberá de estar condicionada a que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores que dispoñan da homologación correspondente outorgada pola administración competente. 4.- A bonificación deberá solicitarse a instancia do interesado, baixo o mesmo procedemento que o sinalado no artigo 7 desta ordenanza en todo aquilo que poida resultar de aplicación, sendo competente a Xunta de Goberno Local para resolver sobre a prezación do cumprimento dos requisitos propios da bonificación. CAPÍTULO QUINTO: BASE IMPOÑIBLE ARTIGO 11: BASE IMPOÑIBLE 1.- A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, do que non formarán parte, en ningún caso: a) O Imposto sobre o valor engadido (IVE) e demais impostos análogos propios de réximes especiais. b) As taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construcións, instalacións ou obras. c) Os honorarios profesionais, redacción de proxectos técnicos, custo de visado colexial, estudos de seguridade e saúde e dirección de obras. d) O beneficio empresarial, os gastos xerais e calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material. 2.- O custo real e efectivo da construción, instalación ou obra determinarase en función de: a) Naqueles casos en que fose preceptiva a redacción de proxecto técnico, o orzamento presentado polo interesado, sempre que fose visado polo colexio oficial correspondente. b) Naqueles casos en que non fose preceptiva a redacción de proxecto técnico, o custo estimado polos técnicos municipais en función dos índices e módulos establecidos polos profesionais do ramo da construción a través da edición anual da publicación "prezos da edificación e obra civil en España". CAPÍTULO SEXTO: COTA E TIPO DE GRAVAME ARTIGO 12: COTA E TIPO DE GRAVAME 1.- A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame. 2.- O tipo de gravame queda establecido no 2% da base impoñible. CAPÍTULO SÉPTIMO: DEVENGO ARTIGO 13: DEVENGO 1.- O imposto devengarase no momento de iniciarse a correspondente construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licenza municipal de obras ou urbanística. 2.- Para os efectos deste imposto, entenderase iniciada a tódolos efectos, a construción, instalación ou obra, salvo proba en contra: a) Cando se concedera a preceptiva licenza municipal, na data en que sexa retirada dita licenza polo interesado ou o seu representante ou, no caso de que esta non sexa retirada, ós trinta días do seu decreto de aprobación. b) Cando, sen se ter concedida polo Concello a preceptiva licenza urbanística, se efectúe polo suxeito pasivo, calquera clase de acto material ou xurídico tendente á realización das construcións, instalacións ou obras. CAPÍTULO OITAVO: XESTIÓN DO TRIBUTO ARTIGO 14: AUTOLIQUIDACIÓN 1.- Cando se solicite licenza municipal para executar as construcións, instalacións ou obras suxeitas a este imposto, o suxeito pasivo practicará unha autoliquidación provisional, segundo o modelo impreso establecido polo Concello que conterá os elementos imprescindibles para determinar a cota tributaria. 2.- O suxeito pasivo aboará a contía resultante da autoliquidación no momento de solicitar a tramitación do expediente de concesión da licenza municipal de obras ou urbanística, xuntamente co importe da taxa correspondente, e, en todo caso, no prazo máximo dun mes dende o inicio daconstrución, instalación ou obra, no caso de que non se solicite licenza municipal, sen que o pagamento realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos en favor do titular de dita licenza. 3.- O pagamento da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique, unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras. 4.- Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra e houbese incremento do seu orzamento, unha vez aceptada a modificación pola administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o orzamento modificado, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores. 5.- Cando os suxeitos pasivos non aboaran a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se presentara ou aboara aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a administración municipal poderá practicar enotificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda. 6.- Os servizos municipais de urbanismo haberán de velar polo cumprimento do requisito do pagamento do imposto en toda licenza municipal que tramiten, con carácter previo, dando conta inmediata aos servizos económicos da falta de presentación da autoliquidación correspondente, no seu caso. ARTIGO 15: LIQUIDACIÓN DEFINITIVA 1.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte á data do seu remate, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina xestora do imposto ou, no seu caso, no Rexistro municipal de documentos, declaración do custo real e efectivo daquelas, no impreso que, para os efectos, facilitará a administración municipal, acompañada de toda a documentación que consideren oportuna para os efectos de acreditar o expresado custo, ou solicitar prórroga de un mes para realizar a súa aportación, cando non se puidese presentar en prazo a documentación sinalada. 2.- Cando o custo real e efectivo das construcións, instalacións ou obras sexa superior ou inferior á que serviu de base impoñible na autoliquidación provisional ou autoliquidacións complementarias anteriores que foran presentadas e pagadas, os suxeitos pasivos, simultaneamente con dita declaración, deberán presentar e aboar, no seu caso, na forma preceptuada no artigo anterior, autoliquidación definitiva do tributo pola diferenza, positiva ou negativa, que se poña de manifesto. 3.- Os suxeitos pasivos están igualmente obrigados a presentar a declaración do custo real e efectivo das construcións, instalacións ou obras finalizadas e a aboar a autoliquidación que corresponda, aínda cando non se pagara por aquelas, con anterioridade, ningunha autoliquidación por este imposto, o que deberán realizar no prazo sinalado nos apartados anteriores deste artigo. 4.- Para os efectos dos precedentes apartados, a data de finalización das construcións, instalacións e obras será a que se determine por calquera medio de proba admisible en dereito e, en particular, a data que resulte por aplicación do artigo 56 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística de Galiza. 5.- Á vista da documentación aportada ou, así mesmo, de calquera outra relativa á construción, instalación ou obra, tendo en conta as actuacións realmente executadas, así como o seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible aplicada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións tributarias que sexan aplicables. 6.- Naqueles supostos en que, durante a realización das construcións, instalacións ou obras, se produzan cambios nas persoas ou entidades que puidesen ser suxeitos pasivos do imposto, a liquidación definitiva practicarase ó que ostente a condición de suxeito pasivo no momento de rematarse ditas obras. CAPÍTULO NOVENO: RECADACIÓN E INSPECCIÓN ARTIGO 16: RECADACIÓN E INSPECCIÓN A recadación e inspección do tributo realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria e na demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas para a súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, o Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos e as Ordenanzas fiscais xerais que, en materia de recadación, xestión e inspección tributarias, puidesen ser aprobadas por este Concello. CAPÍTULO DÉCIMO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS ARTIGO 17: RÉXIME SANCIONADOR En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como á determinación das sancións que, por elas puidesen corresponder en cada caso, aplicaranse as normas establecidas na lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1930/1998, do 11 de setembro, polo que se desenvolve o réxime sancionador tributario, o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora e as Ordenanzas fiscais xerais que, en materia de infraccións e sancións tributarias puidesen ser aprobadas por este Concello. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA 1.- Para todo o non expresamente regulado na presente Ordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria, así como pola restante normativa e demais disposiciónscomplementaria e concordantes, ditadas na súa aplicación e desenvolvemento. 2.- Toda referencia feita na presente Ordenanza fiscal a leis e demais disposicións estatais ou autonómicas, entenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, as substitúan ou modifiquen.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA 1.- As disposicións desta Ordenanza relativas á concesión ou outorgamento de bonificacións só serán aplicables para as construcións, instalacións ou obras cuxa execución material se inicie ou cuxa licenza municipal de obras ou urbanística se solicite a partir da entrada en vigor desta Ordenanza. 2.- Queda expresamente prohibida a retroactividade das disposicións en materia de bonificacións, non podendo afectar tampouco ós procedementos administrativos en curso, nin a liquidacións complementarias que se efectúen como consecuencia de modificacións na redacción dos proxectos técnicos correspondentes. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA As axudas e subvencións municipais que puidesen corresponder ás empresas que soliciten licenza para a súa instalación no polígono industrial de Pazos, reguladas nas bases de execución do orzamento, mentres non se aprobe unha futura Ordenanza xeral municipal de subvencións e axudas públicas locais, enténdense referidas na súa contía á totalidade da cota do Imposto sobre construcións, instalacións e obras que corresponda, sen aplicar a bonificación que, no seu caso, se puidese conceder. DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA 1.- Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras, aprobado polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria de data 27 de decembro de 1995 e publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 297 de data 30 de decembro do mesmo ano. 2.- Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións que se achen vixentes e que se opoñan ou que, de calquera outro xeito, contradigan o disposto na presente Ordenanza fiscal. DISPOSICIÓNS FINAIS DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación íntegra no BOP de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas e será de aplicación a partir do día seguinte a dita publicación. A secretaria, O alcalde, Paula María Vázquez Carrasco Emilio González Afonso
|