Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Última xornada do curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín
Última xornada do curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Abril 2013 10:35

Mañá xoves, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a última xornada do curso 'Mediación e xestión de conflitos', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas-.

Na mesma, de 20 a 22 horas, Roberto Barba Alvedro, xuíz de O Barco de Valdeorras, realizará o relatorio 'Mediación intraxudicial', no que analizará o sistema de mediación no xulgados e aplicación do mesmo.

O curso “Mediación e xestión de conflitos”, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, contou con máis de 100 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, foron identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>