Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Últimos días para inscribirse na 'Xornada de Coaching Empresarial' de Verín
Últimos días para inscribirse na 'Xornada de Coaching Empresarial' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Febreiro 2014 12:16

Na mañá do luns 17 de febreiro finaliza o prazo de inscrición para participar na 'Xornada de Coaching Empresarial', que terá lugar ese mesmo día, de 18 a 21 horas, na Casa Cultura de Verín.

Devandita xornada, que será impartida por Marta Salazar Portero, terá por obxecto acadar unha comprensión do sentido do auténtico liderado e do imprescindible que resulta no mundo empresarial de hoxe (diferencia entre xerente e líder, calidades do líder coach, as cinco mentalidades do líder do século XXI ou motivación e liderado, entre outros). Para lograr isto, Salazar Portero, amosará a través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta o servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións.

Marta Salazar Portero é a directora da Escola Europea de Líderes, coach profesional certificado e certificación internacional en coaching. Con máis de 10 anos de experiencia no eido da dirección de equipos, congresista e relatora internacional ten adestrado a máis de 6.500 persoas en España, Portugal y América.

Para participar na 'Xornada de Coaching Empresarial' é necesario formalizar a inscrición en http://www.uned.es/ca-ourense/ ou na Escola de Familia do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>