Pleno extraordinario urxente |
Luns, 01 Decembro 2008 21:05 |
O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión extraodinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
1. - Ratificación da urxencia da convocatoria. 2. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 11.11.2008 (Acta nº 13/2008). 3. - Modificación do contrato subscrito coa empresa Consulttora Galega, SL, para a redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín e cartografía. 4. - Cambio de data do pleno ordinario do mes de decembro. Aprobáronse por unanimidade todos os puntos da orde do día. O terceiro deles referente á modificación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín e cartografía coa empresa Consultora Galega, SL, con data 28 de decembro de 2004. O 7 de abril de 2008 recíbese a solicitude de modificación contractual da empresa contratista para adaptar os traballos á Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, lei que é modificada poal 15/2004, de 29 de decembro, e 6/2007, de 11 de maio. Estos cambios lexislativos conlevan a necesidade de realizar a avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, e en consecuencia, faise preceptiva a contratación dos traballos para integrar esta avaliación no procedemento de aprobación do Plan Xeral de Verín. Co fin de obter a subvención outorgada pola Dirección Xeral de Urbanismo, é preciso xustificar a mesma con esta modificación contractual. Por esta circunstancia, realízase devandita modificación na que se acorda: A duración do contrato é de 20 meses, prazo que contará dende o momento da formalización do contrato e até o momento da entrega do documento para a súa a aprobación definitiva, sen que se computen os períodos intermedios de exposición ao público nin aqueles que por parte das administracións se empreguen na análise da documentación. Ao día da data, os prazos parciais pendentes de executar son os seguintes: c) Para a entrega do documento de aprobación inicial, 6 meses. d) Para a entrega do documento de aprobación provisiona, 3 meses. e) Para a entrega do documento de aprobación definitiva, 3 meses. O inicio de cada fase computarase dende que o concello, por escrito, se dirixa ao contratista comunicándolle o seu inicio, a estes efectos terase como data de inicio a que conste no rexistro de saída de documentos de concello. O remate de cada fase computarase dende que teña entrada no concello o correspondente documento de aprobación, inicial, provisional ou definitiva, segundo corresponda. O prezo do contrato ascende á cantidade de 202.722 euros, na devandita cantidade está incluído o imposto sobre o valor engadido, máis 61.032,52 euros, incluído o imposto sobre o valor engadido, que se corresponden coa modificación efectuada como consecuencia da preceptiva realización dos traballos para integrar a avaliación ambiental estratéxica no procedemento de aprobación do Plan Xeral do Concello de Verín. Ademais, os membros da corporación local acordaron cambiar a data do pleno ordinario do mes de decembro para o día 29. Por outra banda, con data de 27 de novembro de 2008 aproubase un decreto para ampliar un mes o plazo máximo legal para resolver o procedemento de revisión de oficio, tratado no Pleno Ordinario de data 14.07.08, dun anterior acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local Ordinaria de data 23 de maio de 2007 polo que se acordaba expedir certificado acreditativo do silenzo administrativo no expediente administrativo tramitado a instancia de PROMOTORA ATALAYA, S.L., sobre solicitude da preceptiva Licenza Municipal de Obras para construcción de edificio integrado de planta baixa para garaxes e 3 plantas altas para vivendas en parcela situada na Rúa San Antón s/n, de Verín, ó entender que tal acordo resultaba viciado de nulidade absoluta ou de pleno dereito segundo o disposto nos artigos 62.1 f) e 102 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, LRXPAC en relación cos artigos 20.1, 107, 123, 127, 131.1 e 195.1 da LOUG. Como o prazo remata o 27 de decembro e o pleno ordinario se celebra o día 29 deste mes, a corporación municipal do Concello de Verín acordou realizar outro pleno extraordinario urxente, a continuación do anterior, no que se se dictaminou -cos votos a favor do Partido Popular e abstención dos restantes grupos políticos-: Declarar a nulidade absoluta ou de pleno dereito do acordo da Xunta de Goberno Local Ordinaria de data 23.05.07 polo que se acordaba expedir certificado acreditativo do silenzo administrativo no expediente administrativo tramitado a instancia de PROMOTORA ATALAYA VERÍN, S.L., sobre solicitude da preceptiva Licenza Municipal de Obras para construcción de edificio integrado de planta baixa para garaxes e 3 plantas altas para vivendas en parcela situada na Rúa San Antón s/n, de Verín, xa que tal acordo resulta viciado de nulidade absoluta ou de pleno dereito segundo o disposto nos artigos 62.1 f) e 102 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, LRXPAC en relación cos artigos 20.1, 107, 123, 127, 131.1 e 195.1 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 de 29 de decembro. |