Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Exposición 'Eurocidade Chaves-Verín' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Decembro 2008 19:37

Dez artistas verinenses e dez flavienses participan na exposición de artes plásticas “Eurocidade Chaves-Verín” que a Casa do Escudo de Verín acolle ata o 16 de decembro. Unha mostra que busca estreitar as relacións entre os artistas de Verín e Chaves, a través da participación en exposicións colectivas e a presentación ás respectivas comunidades dun par de obras de cada artista. Este proxecto expositivo retoma o espírito de iniciativas puntuais de colaboración transfronteiriza que se remontan no tempo ás colectivas do Inter-Támega ou ás máis recentes de “Artistas Tamaganos”.

Os artistas que participan son Alvárias, Hermógenes Barreira, Fernando Dias, Mariana Dias, Nuno Duque, Lurdes Elias, Flor Fernández, Manuel Fornos, António Luís Guerra, Aurora López, Luz Novoa, A. Pizarro, Julio Pousada, Carneiro Rodrigues, Rui Rodrigues, Marilar Salgado, Luis Somoza, Rosa Vaamonde, Mário Valpaços e Zinha.
 
A exposición, organizada polo Concello de Verín, a Cámara Municipal de Chaves e a  Asociación Chaves Viva, pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas. A partir do 19 de decembro, e ata o 31, a mostra desprazarase a Chaves, na Sala Multiusos do Centro Cultural (de luns a venres, de 10 a 12 e de 14 a 18.30 horas, e sábados de 14 a 18 horas).
 
?>