Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega
Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Maio 2014 08:43

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de abril de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).


Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega, a través do apoio aos obradoiros artesanais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013,L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en diante Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais que a continuación se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2013 exixidos en concepto de anticipo para a participación en eventos expositivos realizados en 2014.
Serán subvenciónables os gastos que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira ou certame.
Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.
a) Participación como expositor en feiras e certames profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro nos que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
– A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 1.800 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
b) Participación como expositor en feiras e certames non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.
– A porcentaxe subvencionable acadará o 80% do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
c) A participación en accións de formación especializada directamente relacionados cun oficio ou actividade artesá ou que contribúa a mellorar a capacitación e modernización da súa actividade.
Será subvencionable unha única acción de formación e exclusivamente para gastos de matrícula. A porcentaxe subvencionable acadará o 90% do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención.
5. Actuacións e gastos non subvencionables:
a) Gastos derivados da asistencia a feiras: construción das casetas, transporte do material, montaxe e desmontaxe, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes, dietas de manutención, desprazamentos, aloxamento, publicidade e publicacións.
b) Gastos derivados de accións formativas: desprazamentos, aloxamento, manutención e material didáctico.
c) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.
d) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionada coa cualificación do/a artesán/á no RXAG.

Beneficiarios/as
1. Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia no momento da presentación da solicitude de axuda.

Solicitudes
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.
2. Xunto coa solicitude, anexo II, deberá presentarse a documentación que se refiere a continuación.
2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante, orixinal ou copia compulsada, que deberá estar en vigor:
– Se é unha persoa física: só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou numero de identificación de estranxeiro.
– No caso de persoa xurídica:
– Número de identificación fiscal.
– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.
– No caso de comunidades de bens:
– Número de identificación fiscal.
– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
– Deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que será aplicado por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
2.2. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciada a actividade.
As certificacións indicadas só se deben presentar no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.
2.3 Documentación xustificativa. Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar.
2.4. Facturas ou, no seu defecto, facturas proforma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
2.5. Para a participación nos eventos feirais, folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados e, así mesmo, no caso de certames e feiras non profesionais de artesanía, certificación dunha asociación profesional de artesáns de Galicia, acreditativa da solvencia do evento respecto do seu arraigo e indubidable interese comercial.
2.6. A participación en accións de formación especializada acreditarase mediante a solicitude de inscrición acompañada, se é o caso, da programación do curso.
2.7. Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación que, en ningún caso, será obxecto de requirimento:
– Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Solicitudes e prazo de presentación
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (19 de xuño de 2014).
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para tal efecto, procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter Persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.
Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Consellería de Economía e Industria revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e se requira, de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.
Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e enviando identificación abondo ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que poderá encontrar na guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

Información aos interesados
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201G, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio e na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria:
(http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas ou www.artesaniadegalicia.org
b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo
https://sede.xunta.es
c) Nos teléfonos 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio.
d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Centro Galego da Artesanía e Deseño.
e) Nos enderezos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
f) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).
Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>