Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade
Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Maio 2014 11:21

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 13 de maio de 2014, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que se convocan as axudas á pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de plans de igualdade, correspondentes ao ano 2014.

Pola presente resolución convócase para o ano 2014 a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións públicas destinadas a pequenas e medianas empresas e entidades de entre 30 e 250 persoas traballadoras que por primeira vez elaboren e implanten plans de igualdade para o fomento da igualdade efectiva de mulleres e homes, de acordo co disposto no artigo 49 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Non poderán ser beneficiarias das axudas consideradas na presente convocatoria aquelas pequenas e medianas empresas ou entidades de entre 30 e 250 traballadores que previamente á data de publicación desta convocatoria teñan elaborado un plan de igualdade, con independencia de que obtivesen ou non subvencións ou axudas públicas para a devandita finalidade.

Requisitos dos plans de igualdade

1. A concesión das subvencións reguladas na presente Resolución terán como obxecto a elaboración e implantación dun plan de igualdade tendente a alcanzar na empresa a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo nas pequenas e medianas empresas e outras entidades.

2. Para iso, deberase garantir o compromiso da dirección da empresa ou entidade e a participación e implicación da representación legal das persoas traballadoras, ou no seu defecto, das propias persoas traballadoras, na elaboración, implantación e seguimento do plan de igualdade.

3. O plan de igualdade e as accións a realizar en relación coas áreas de traballo que debe abranguer deberanse levar a cabo utilizando e fomentando unha linguaxe non sexista.

4. Para os efectos de solicitude, concesión e xustificación destas subvencións, os plans de igualdade que se presenten deberán impulsar principalmente accións en relación coas áreas de traballo que se especifican a continuación:
a) Área de acceso ao emprego: Igualdade de oportunidades no acceso a calquera posto de traballo dentro da organización.
b) Área de condicións de traballo: Clasificación profesional, igualdade en materia retributiva, tipoloxía de contrato, presenza de mulleres en cargos de responsabilidade.

c) Área de promoción profesional e formación: Regras de ascenso baseadas en criterios que non leven a situacións de discriminación en función do sexo. Formación específica para mulleres lles permita que ocupar postos de maior responsabilidade ou acceder a postos de traballo nos que estean subrepresentadas. Accións de formación e sensibilización en igualdade de oportunidades e non discriminación entre mulleres e homes dirixidas ao persoal da entidade.
d) Área de ordenación do tempo de traballo: Medidas de adaptación da xornada para favorecer, en termos de igualdade entre mulleres e homes, a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, así como a corresponsabilidade.
e) Área de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.
f) Uso non discriminatorio da linguaxe, a comunicación e a publicidade.

5. As axudas reguladas nesta convocatoria inclúen necesariamente o desenvolvemento por parte da entidade beneficiaria das seguintes fases:
a) A elaboración dun diagnóstico de situación na entidade en materia de igualdade entre mulleres e homes, que inclúa datos estatísticos desagregados por sexo.
b) A elaboración dun plan de igualdade que recolla medidas que corrixan as deficiencias detectadas no diagnóstico.
c) A primeira fase de aplicación das medidas previstas no plan de igualdade.

6. Para os efectos desta convocatoria, o diagnóstico, o plan de igualdade e a primeira fase de aplicación defínense da forma seguinte: O diagnóstico consiste nun estudo cuantitativo e cualitativo da estrutura organizativa da entidade que permita coñecer a situación sobre a igualdade entre mulleres e homes na entidade. O diagnóstico debe incluír información sobre os elementos que poden xerar discriminacións na empresa (humanos, económicos, materiais, de organización, etc.) e sobre os recursos dos que dispón a entidade para formular o cambio. O plan de igualdade da empresa consiste nun conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, que tenden a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar as discriminacións en razón de sexo e/ou xénero. Os plans de igualdade fixarán os obxectivos concretos de igualdade a alcanzar, as estratexias e as accións concretas a adoptar para a súa consecución, de forma planificada no tempo, incluíndo a relación de medios materiais e humanos necesarios, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.
A primeira fase de aplicación do plan de igualdade consiste na implantación das accións definidas neste como prioritarias, vistas as deficiencias detectadas no diagnóstico. Deberase acreditar a realización completa de tres destas actuacións como mínimo.

7. Para os efectos desta convocatoria, o prazo para a realización das actividades subvencionadas será o comprendido entre a data da resolución de concesión e o 31 de agosto de 2015.

8. Na realización das actividades subvencionadas deberá garantirse a participación da representación legal do persoal da entidade.

9. Deberá resultar acreditada a implicación da dirección da entidade e da representación legal do persoal da entidade en todo o proceso e na documentación que se derive del, así como a capacitación profesional e especialización en igualdade de xénero das persoas que elaboren esta documentación.

Financiamento e gastos subvencionables
1. Financiamento:
A concesión das subvencións financiarase con cargo á aplicación presupostaria 26.21.232B.470 correspondente ao presuposto da Dirección Xeral para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para os anos 2014 e 2015. A contía total das subvencións convocadas é de 800.000 euros, dos cales 520.000 euros (65%) corresponderán ao exercicio 2014 e 280.000 euros (35%) ao exercicio 2015.
2. Gastos susceptibles de subvención:
a) A contía de cada subvención virá determinada polo importe total, sen incluír o IVE, dos gastos especificados a continuación e cun máximo de 10.000 euros para cada subvención. Só outorgarase unha única axuda para cada entidade.
b) A subvención concedida destinarase a cubrir os seguintes gastos relativos á elaboración e implantación do plan de igualdade na entidade e que se deberán desenvolver nos prazos de xustificación establecidos no apartado duodécimo desta convocatoria:
1. º Importe correspondente ao custo derivado da elaboración do diagnóstico da situación da entidade en relación coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
2. º Gastos derivados da elaboración do plan de igualdade.
3. º Gastos derivados da implantación da primeira fase de aplicación das medidas establecidas no plan de igualdade, tales como os derivados de campañas de sensibilización interna e/ou externa, accións de formación e novas contratacións relacionadas co plan de igualdade.
c) As actuacións previstas para a elaboración do diagnóstico e do plan de igualdade, así como as derivadas da implantación do plan de igualdade, poden ser realizadas directamente por persoal da propia entidade ou por unha entidade externa especializada en igualdade e non discriminación nas relacións laborais, ata unha porcentaxe, neste último caso, que non poderá superar o 50% do importe total da subvención concedida.
d) Non serán subvencionables os bens de investimento nin os seus gastos de amortización, a adquisición de equipamento, nin a de mobiliario e infraestruturas, nin os gastos cuxo valor sexa superior ao de mercado nin todos aqueles que non respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada.
e) Todos os gastos imputados con cargo á subvención deberán corresponder ás actividades subvencionadas e estar realizados entre a data da resolución de concesión e o 31 de agosto do ano 2015, e pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto no apartado duodécimo 3 desta Resolución.

Entidades beneficiarias e requisitos
A concesión das subvencións reguladas na presente convocatoria terán como beneficiarias ás empresas, sociedades cooperativas, comunidades de bens, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que, no ámbito das relacións laborais, adopten por primeira vez un plan de igualdade tendente a alcanzar na súa organización a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.
Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas na presente Resolución todas aquelas entidades que, no momento de presentar a solicitude, cumpran cos requisitos xerais seguintes:
a) Estar legalmente constituídas e, no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro Público.
b) Ter personalidade xurídica propia e capacidade de obrar e non se encontrar dentro dos supostos regulados polos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o que deberá acreditarse conforme ao establecido no apartado 7 do artigo citado.
c) Calquera que sexa a forma xurídica que adopten, as entidades que opten á subvención de plans de igualdade deberán ter un equipo, no momento de presentar a súa solicitude, non inferior a 30 e non superior a 250 persoas traballadoras.
Para acreditar o número de traballadores e traballadoras da empresa deberase presentar unha declaración responsable de quen ostente a representación legal da entidade na que se faga constar o número de persoas traballadoras á data de presentación da solicitude da subvención. Se se trata de sociedades cooperativas, tamén deberán presentar un certificado emitido pola Secretaría do Consello Reitor no que se decate do número de socios e socias da cooperativa e do carácter de cada unha destas persoas. Se se trata de comunidades de bens, certificados de estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos das persoas comuneras. As empresas deben comunicar á Dirección Xeral para a Igualdade de Oportunidades calquera cambio no equipo que teña incidencia no cómputo do número de traballadoras e traballadores.
d) Acharse ao corrente das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, con vixencia no día de presentación da solicitude.
e) Ter xustificado, se é o caso, suficientemente as subvencións recibidas con anterioridade da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ou polos seus organismos públicos adscritos.

Presentación de solicitudes, prazo, documentación e emenda de erros
1. Presentación de solicitudes e prazo.
A solicitude deberá ir acompañada da documentación que se indica a continuación:
a) Solicitude: A solicitante da subvención deberá ser a entidade ou o seu representante legal e presentarase en modelo normalizado segundo anexo I desta Resolución.
As solicitudes dirixidas á Directora Xeral para a Igualdade de Oportunidades, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (paseo do Prado, números 18 e 20, e na rúa Alcalá, número 37, de Madrid), ou en calquera dos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Así mesmo, de conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, poderase presentar por vía electrónica, dirixíndose á sede electrónica do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, cuxa dirección é https://sede.msps.gob.es. Para a presentación de solicitudes por vía electrónica será necesario dispoñer dun certificado dixital emitido por un prestador de servizos de certificación recoñecido, que fose debidamente instalado e poderá, en todo caso e con carácter universal, utilizar os sistemas de firma electrónica incorporados ao documento nacional de identidade.
b) Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

2. A documentación que deberá acompañar á solicitude será a seguinte:
a) Solicitude de subvención, en modelo normalizado segundo anexo I.
b) Descrición da entidade solicitante, en modelo normalizado segundo anexo II. Os datos non cumpridos no devandito anexo non poderán ser tidos en conta para os efectos da súa valoración.
c) Memoria do proxecto do plan de igualdade, en modelo normalizado segundo anexo III. Os datos non cumpridos no devandito anexo non poderán ser tidos en conta para os efectos da súa valoración.
Os anexos I, II e III, que serán orixinais, deberán estar cumpridos integramente, e asinados pola persoa física que solicita a subvención, en nome e representación da entidade solicitante. Así mesmo, o anexo III deberá ser asinado pola representación legal do equipo ou, no seu defecto, polas propias traballadoras e traballadores.
d) Xunto coa solicitude deberase achegar a documentación seguinte:
1. ª No caso de persoa xurídica, documento de constitución, xunto coa certificación acreditativa da súa inscrición no Rexistro Público correspondente, así como estatutos e, no seu caso, modificacións debidamente legalizadas.

No caso de persoa física, fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou permiso de residencia e/ou traballo ou, no seu caso, autorización á Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, que se fará constar, na solicitude, para que esta comprobe os seus datos mediante o Sistema de Verificación de Datos de Identidade, segundo establece o Real Decreto 522/2006, de 28 de abril, polo que se suprime a achega de fotocopias de documentos de identidade nos procedementos administrativos da Administración Xeneral do Estado e dos seus organismos públicos vinculados ou dependentes. Se se trata de comunidades de bens, deberanse achegar os documentos nacionais de identidade de cada un dos comuneros.
2. ª Tarxeta de identificación fiscal da entidade.
3. ª Poder bastante en dereito para actuar en nome e representación da entidade solicitante e documento acreditativo da identidade da persoa física solicitante, en caso de actuar por medio de representante.
4. ª Acreditación, se é o caso, na forma establecida no artigo 22 e seguintes do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, de acharse ao corrente das obrigas tributarias e de Seguridade Social, con vixencia no día de presentación da solicitude. Igualmente, segundo o establecido polo artigo 14 da mencionada Lei, non será necesario presentar a devandita acreditación cando a entidade solicitante manifeste expresamente o seu consentimento para que os seus datos sexan solicitados pola Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
5. ª Certificación, se é o caso, de estar ao corrente do pagamento do Imposto de Actividades Económicas ou exento do seu aboamento.
6. ª Declaración responsable de quen exerza a representación legal da entidade na que se faga constar o número de persoas traballadoras á data de presentación da solicitude da subvención, cuxo modelo figura como anexo iv da presente resolución. se se trata de sociedades cooperativas, tamén deberán presentar un certificado emitido pola Secretaría do Consello Reitor no que se decate do número de socios da cooperativa e do carácter de cada un deles. Se se trata de comunidades de bens, certificados de estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos das persoas comuneras.
7. ª Documento asinado que garanta o compromiso da dirección da entidade e a participación e implicación da representación legal do persoal nesta, ou no seu defecto, das propias persoas traballadoras, na elaboración, implantación e seguimento do plan de igualdade, cuxo modelo figura, como anexo V.
8. ª Declaración responsable de quen ostente a representación legal da entidade solicitante de non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiarias de subvencións, establecidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, e de estar ao corrente no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de acordo co previsto polo artigo 25 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, cando a entidade sexa obxecto de procedemento de reintegro, cuxo modelo figura como anexo VI.
9. ª Declaración responsable de quen ostenta a representación legal da entidade solicitante acreditativa de que a entidade solicitante non percibiu axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de Organismos Internacionais, incompatibles coa subvención solicitada, cuxo modelo figura como anexo VII.
10. ª En caso de recibir subvencións con anterioridade da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ou dos seus organismos públicos adscritos, declaración da persoa responsable da entidade de ter xustificado suficientemente as subvencións recibidas, cuxo modelo figura como anexo VIII.
Toda a documentación que antecede deberá ser orixinal, copia compulsada ou ter o carácter de auténtica, conforme á lexislación vixente, e presentarase en castelán ou, de presentarse noutra lingua, acompañarase, ademais, a tradución ao castelán.

Non será necesario presentar os documentos esixidos nos puntos 1. ª, 2. ª e 3. ª do apartado 2.d) deste artigo, cando estes non sufran modificación e estivesen en poder da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade e os seus Organismos Públicos adscritos, en cuxo caso a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido no apartado f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sempre que se faga constar por escrito a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, no seu caso, emitido, e cando non transcorran máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter os documentos, o órgano competente poderá requirir á entidade solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación, por outros medios, dos requisitos a que se refiren os documentos, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Os modelos normalizados dos anexos e toda a información sobre cada convocatoria encontraranse dispoñibles na páxina Web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (www.msssi.es) (Área de Servizos Sociais e Igualdade/Igualdade de Oportunidades/Igualdade no Emprego/Plans de Igualdade).


Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>