Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para paliar os danos producidos polo lobo
Axudas para paliar os danos producidos polo lobo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Xuño 2014 10:54

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 16 de maio de 2014, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2014.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios/as

1. Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as do gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os/as propietarios/as de gando vacún leiteiro que teñan tres ou máis animais mortos por ataques de lobo nun mesmo ano ou máis de cinco nos tres últimos e nos casos nos que se poida demostrar unha clara neglixencia na protección dos animais contra os ataques do lobo.

Requisitos
O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:
a) Pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) Estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto. No caso do gando cabalar, asnar ou mular soamente deberá estar identificado individualmente de acordo coa normativa de aplicación.
c) No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky. Ademais, no caso de reprodutores, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.
Ámbito temporal
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.

Comunicación do dano
1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque, os/as propietarios/as das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mediante unha chamada ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.
Para os danos producidos entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo.
Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.
Os animais feridos poderán ser atendidos polos veterinarios/as coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.
2. A partir do 1 de outubro de 2014 poderán realizarse comunicacións por danos de lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores, quedando condicionada a concesión de axudas a unha nova convocatoria no ano 2015.

Solicitudes
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.  Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.  En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
As solicitudes dirixiranse ás xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
2. A solicitude de axuda (anexo II desta orde) inclúe as seguintes declaracións do solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia consonte o disposto no artigo 52.d) da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, ao abeiro do carácter compensatorio destas axudas.
3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
4. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
5. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.
Documentación
Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:
a) Copia das follas do libro da explotación gandeira en que aparezan os animais afectados, así como as datas de alta e baixa destes na explotación.
b) Fotocopia do NIF do/a propietario/a das reses.
As persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, dos seu datos persoais non terán que presentar a copia do NIF.
c) Se o titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente polo que se aproba a solicitude desta axuda.
d) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, así como dunha comunidade de bens, deberase acreditar a representación con que se actúa.
e) No caso de animais feridos, a factura do/a veterinario/a segundo o especificado no artigo 9.2.
Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2013 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña comunicado previamente o ataque do mesmo xeito e no prazo previsto na Orde de 19 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2013.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Importe das axudas
1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.
Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte explotacións dos concellos incluídos na zona 1 do Plan de xestión do lobo en Galicia, recollidos no anexo III desta orde.
2. No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados, nunha contía que, en ningún caso, poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde.
Cando os animais feridos sexan varios exemplares, admitiranse facturas conxuntas do servizo veterinario nas cales se relacione de xeito individual cada un dos animais feridos, coa súa idade.
3. O sacrificio eutanásico poderase equiparar á morte e, neste caso, a atención veterinaria non será obxecto de indemnización.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>