Axudas para o inicio de estudos universitarios nas universidades do Sistema universitario de Galicia e para a matrícula nun máster universitario oficial no curso 2014/15 |
Mércores, 08 Outubro 2014 11:30 |
Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 29 de setembro de 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Ademais, tamén se informa da publicación da orde do 29 de setembro de 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15.
|
Oficina Municipal de Desenvolvemento Local Praza do Concello, 1 1º |